O Instituto de Seguridade e Saúde laboral de Galicia realizará un curso gratuíto de PRL para persoas autónomas, o que contará únicamente con 100 prazas. Para conseguir a túa, inscríbete antes do 23 de marzo.
Se queres traspasar un negocio ou vender a túa empresa ou ben estás na procura dunha oportunidade de negocio xa consolidado, infórmate sobre o servizo que ofrece a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego dirixido a facilitar a transmisión de empresas.
Se queres levar a cabo un proxecto pero tes dificultades á hora de conseguir financiamento, lembra que podes recurrir aos microcréditos do Programa da Obra Social “La Caixa”.
Es autónomo e queres saber se podes optar a unha redución na cota da Seguridade Social? Infórmate a través desta guía acerca desta bonificación que te axudará a dar os primeiros pasos no teu proxecto.