PROGRAMA RE-ACCIONA

Se estás interesado en mellorar a competitividade da túa empresa e aprender a enfrentarte aos novos retos do mercado, a través desta convocatoria do IGAPE poderás acceder a un conxunto de servizos arredor dos principais eixes de competitividade a través do programa Re-acciona 2024.

O Igape, xunto coa Axencia Galega de Innovación (Gain) convoca o programa Re-acciona en réxime de concorrencia non competitiva para a mellora da competitividade empresarial, a través deste as empresas galegas poderán acceder a un total de 13 servizos que lle permitirán capacitar ás pemes ante os novos retos do mercado, a xestión do talento ou levar cabo acción de innovación.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas autónomas.
  • Pemes.

Requisitos

  • Contar cun centro de traballo en Galicia.
  • As empresas beneficiarias debe contar cun mínimo de 3 traballadores no ano 2023.

Excepto para o servizo de “Apoio para empresas emerxentes innovadoras”.

SERVIZOS RE-ACCIONA E PRESENTACIÓNS DAS ENTIDADES COLABORADORAS

Os servizos divídense en 3 categorías, segundo o seguinte esquema:

DenominaciónNº aproximado de horasImporte do servizo (sen IVE)Custo para a empresa (sen IVE)
Análise e avaliación competitiva60 horas3.780 €756 €
Optimización e mellora competitiva85 horas5.355 €1.071 €
Estratexias de competitividade avanzada100 horas6.300 €1.260 €

Categoría 1: Análise e avaliación competitiva.

  • Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
  • Xestión financeira e procura de financiamento.
  • Protección da innovación.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo parcial.

Categoría 2: Optimización e mellora competitiva.

  • Desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
  • Análise do cumprimento normativo e os riscos laborais (Compliance).
  • Asesoramento para o relanzamento comercial.
  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
  • Protección da innovación (modalidade A), servizo completo.
  • Apoio para empresas emerxentes innovadoras.
  • Consultaría modular para pemes en captación, retención e xestión de talento.

Categoría 3: Estratexias de competitividade avanzada.

  • Circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
  • Preparación de procesos certificables.
  • Desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG na Peme: impulso da empresa cara a sustentabilidade e a creación de valor.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo completo.

CONTÍA DAS AXUDAS

  • Subvencionarase co 80 % do importe do servizo prestado á entidade colaboradora directamente (é dicir, a empresa só tería que pagar o 20% dos servizos contratados).

Poderase solicitar axudas para a prestación de ata 2 servizos por peme beneficiaria.

PRAZO DE SOLICITUDE

Dende o 1 de abril ata o 15 de novembro de 2024.

A solicitude deberá facerse a través da empresa colaboradora que a empresa escolla.

MÁIS INFORMACIÓN

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG402A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *