Se tes menores ao teu cargo, de ata doce anos incluídos, e tes necesidades puntuais de conciliación durante os períodos das vacacións escolares, por estar traballando, ben sexa por conta allea ou por conta propia, podes solicitar as axudas do Bono Concilia Familia 2026 que a Xunta de Galicia acaba de publicar.
Publicada a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para o fomento da contratación indefinida por parte das empresas galegas (Programa Galicia Suma Talento: Emprégate), a través do que se subvencionan tanto a realización de novas contratacións indefinidas como a transformación en indefinidos de certos contratos formativos, o incremento de xornadas laborais parciais ou a adaptación de postos para persoas con discapacidade.
A forma xurídica é a estrutura legal pola que un negocio existe ante a lei: define quen responde fronte a terceiros, como tributa, como se configura o capital social e que trámites son necesarios. É unha das primeiras decisións estratéxicas dun emprendedor.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para apoiar a actividade das salas cinematográficas comerciais situadas en Galicia durante o ano 2025. Estas axudas se concederán en réxime de concorrencia non competitiva.