DOMINGOS E FESTIVOS DE APERTURA COMERCIAL 2026

Coñece os dez domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos durante o ano 2026.

A Lei de horarios comerciais de Galicia establece que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público un máximo de 10 domingos e días festivos ao ano, autorizándose para cada ano cales son os días autorizados para a apertura a través dunha orde anual da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Así pois, os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público durante o ano 2026 son:

  • 4 de xaneiro
  • 11 de xaneiro
  • 2 de abril
  • 26 de xullo
  • 15 de agosto
  • 29 de novembro
  • 6 de decembro
  • 13 de decembro
  • 20 de decembro
  • 27 de decembro

Non obstante, hai que ter en conta que os concellos tamén poden solicitar á Consellería  a modificación de dúas destas datas para o seu termo municipal, podendo variar entonces algún dos festivos anteriores elixidos para a apertura.

Máis información

Consulta a ORDE do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2026.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *