Se tes unha organización profesional agraria ou unha asociación agraria con implantación en Galicia, podes solicitar estas axudas destinadas a financiar actividades de interese agrario, como a representación, a formación e o fomento do asociacionismo agrario.
Se tes menores ao teu cargo, de ata doce anos incluídos, e tes necesidades puntuais de conciliación durante os períodos das vacacións escolares, por estar traballando, ben sexa por conta allea ou por conta propia, podes solicitar as axudas do Bono Concilia Familia 2026 que a Xunta de Galicia acaba de publicar.
Se tes un aloxamento turístico ou de restauración en Galicia, estas axudas poden ser do teu interese. Serán subvencionables actuacións de mellora levadas a cabo polos establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues turísticos e restaurantes nas súas infraestruturas e instalacións.
A forma xurídica é a estrutura legal pola que un negocio existe ante a lei: define quen responde fronte a terceiros, como tributa, como se configura o capital social e que trámites son necesarios. É unha das primeiras decisións estratéxicas dun emprendedor.