O pasado xoves 8 de outubro púxose fin a 27.ª edición de Conxemar, unha das principais feiras profesionais do sector dos produtos do mar, conxelados e transformados.
Nesta edición, a feira renovou a súa imaxe para reforzar o seu posicionamento internacional e transmitir unha identidade máis visual, vinculada á innovación e aos negocios globais.
En total 47 países representados e 31.374 visitantes profesionais, fronte aos 30.405 de 2025. Entre os máis de 800 expositores, podemos atopar empresas dedicadas tanto á industria auxiliar, como de tecnoloxía, loxística, comercialización ou servizos profesionais.
Destacan as ferramentas dixitais e a aplicación da intelixencia artificial ás lonxas, ademais dos avances en maquinaria, conservación e loxística. Entre as principais novidades desta edición, puidemos coñecer as últimas novidades en materia de etiquetaxe, trazabilidade así como as modernas aplicacións informáticas aplicadas á comercialización de produtos do sector do mar, co emprego da IA incorporada ás novas técnicas de comercialización como por exemplo a venda directa a través de Whatsapp.
En definitiva, Conxemar 2026 volveu situar a Vigo no mapa internacional da industria do mar, impulsando a actividade económica local e reforzando o seu papel como referente do sector pesqueiro e dos negocios vinculados a el.

