Espazo dedicado ás persoas emprendedoras
Coñece ás nosas persoas emprendedoras:
¿Que é Emprende na rede?
Emprende na rede é un espazo dedicado aos emprendedores, deseñado e constiuído para crear un lugar de networking entre os diferentes emprendedores.
Máis de 5000 empresas iniciaron a súa actividade co servizo de asesoramento a emprendedores (SAE) da MAIV. Agora están asentadas no mercado, e algunhas delas mesmo teñen proxección internacional.
Dende esta rede non só pretendemos seguir ofrecendo os nosos servizos, senón tamén a posibilidade de xerar sinerxías entre todos.
Convidámosvos a emprender na rede connosco.


Obxectivos
Baseándonos nos últimos cambios sociais e de hábitos da cidadanía, decidimos crear un centro de negocios en liña. Un espazo co que se pretende:
- Aumentar a visibilidade das persoas emprendedoras na contorna web.
- Facilitar a promoción dos bens e servizos que ofertan os emprendedores.
- Crear unha comunidade para promover a conexión entre as persoas emprendedoras.
Enrédate
Ademais do espazo web utilizaremos as redes sociais como ferramentas de comunicación para crear oportunidades de coworking.
Tamén podes unirte á lista de difusión de Whatsapp, a través do cal compartiremos información e noticias de interese. Crear unha comunidade entre as persoas emprendedoras e que se axuden mutuamente a crecer e a aportar un maior valor ó comercio local.

Axudas e subvencións
- BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE INDEMNIZACIÓNS POR DANOS DERIVADOS DE PRAGAS VEXETAIS EN GALICIA 2026
Indemnizacións destinadas a compensar os danos derivados das medidas oficiais de erradicación de determinadas pragas vexetais. - +EMPREGA NOS CONCELLOS 2026
A Deputación de Pontevedra abre unha nova convocatoria para impulsar o emprego local e facilitar a primeira experiencia laboral de mozas e mozos titulados en concellos de menos de 50.000 habitantes. - BASES REGULADORAS DAS AXUDAS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO 2026
Se tes unha organización profesional agraria ou unha asociación agraria con implantación en Galicia, podes solicitar estas axudas destinadas a financiar actividades de interese agrario, como a representación, a formación e o fomento do asociacionismo agrario. - SUBVENCIÓNS PARA A RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS COFINANCIADAS POLO FEMPA
Convócanse axudas a proxectos colectivos para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños confinanciados polo FEMPA para o ano 2026.
Guías e Consellos
- CERTIFICADO DE REPRESENTANTE DE PERSOA XURÍDICA
Este certificado permite a unha persoa física actuar en nome dunha entidade con personalidade xurídica ante as Administracións Públicas e outras entidades. - CERTIFICADO DE REPRESENTANTE DE ENTIDADE SEN PERSONALIDADE XURÍDICA
Este certificado permite a unha persona física actuar en nome dunha entidade sen personalidade xurídica ante las Administracións Públicas e outras entidades. - CERTIFICADO ELECTRÓNICO DE CIDADÁN
Este certificado permite a unha persoa física identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas e organismos coa garantía de que só ela e seu interlocutor poidan aceder a ela. - CERTIFICADO DE REPRESENTANTE DE ADMINISTRADOR ÚNICO OU SOLIDARIO
Este certificado permite a unha persoa física actuar en nome dunha sociedade ante as Administracións Públicas e outras entidades.
Novas
- CONCURSO DE ESCAPARATES “UN ESCAPARATE MOI DE VIGO”
A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, en colaboración co Concello de Vigo, convoca un concurso dirixido aos establecementos adheridos ao programa Vigo Comercio Vivo para recoñocer a súa creatividade e poñer en valor a identidade do comercio de proximidade. - CONXEMAR 2026
A 27.ª edición de Conxemar pechouse cunha maior presenza internacional e innovación tecnolóxica. - FACENDA RETRASA VERIFACTU ATA OUTUBRO DE 2028
Facenda establece o novo prazo para a obrigatoriedade da implantación do sistema VERI*FACTU para as PEMES e autónomos. - PREMIOS DE ARTESANÍA DE GALICIA 2026
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca os Premios de Artesanía de Galicia 2026, coa finalidade de recoñecer o labor creativo, a traxectoria profesional e o impulso á formación dentro do sector artesán galego. Estes galardóns, promovidos pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, buscan poñer en valor a excelencia, a innovación e a transmisión dos oficios tradicionais, apoiando tanto aos mestres consolidados como ás novas xeracións.
