+EMPREGA NOS CONCELLOS 2026

A Deputación de Pontevedra abre unha nova convocatoria para impulsar o emprego local e facilitar a primeira experiencia laboral de mozas e mozos titulados en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Obxecto

Financiar, en réxime de concorrencia non competitiva, a formalización de contratos formativos para a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos das persoas participantes, promovendo a creación de emprego de calidade e a inserción laboral nos municipios da provincia.

Entidades beneficiarias

Os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación inferior aos 50.000 habitantes.

Requisitos adicionais:

  • Ser persoas mozas desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
  • Estar en posesión dunha titulación oficial universitaria (grao, licenciatura, diplomatura) ou de Formación Profesional (ciclos de grao medio ou superior).
  • Cumprir cos requisitos legais establecidos para a formalización dun contrato formativo para a obtención da práctica profesional.

Exclusións:

  • Concellos de 50.000 ou máis habitantes da provincia.
  • Persoas que xa teñan realizado contratos formativos na mesma modalidade na mesma ou distinta empresa polo tempo máximo legal establecido.
  • Postos que non se correspondan estritamente co nivel de estudos ou titulación oficial académica da persoa candidata.

Actividades subvencionables

A contratación a xornada completa de persoal técnico ou operativo para a realización de tarefas e servizos propios da competencia municipal por un período máximo de 1 ano, vinculados directamente coa titulación do traballador.

O reparto de contratos por concello realízase de xeito directo segundo a súa poboación:

  • Ata 3.000 habitantes: 1 contrato.
  • De 3.001 a 10.000 habitantes: 2 contratos.
  • De 10.001 a 50.000 habitantes: Ata 3 contratos.

Contía

A subvención mensual máxima que achega a Deputación varía segundo o grupo de titulación:

  • Universitarios (Licenciatura/Grao): Ata 1.400 € ao mes (16.800 €).
  • FP Grao Superior: Ata 1.200 € ao mes (14.400 €).
  • FP Grao Medio: Ata 1.000 € ao mes (12.000 €).

Prazo

Do 1 de outubro ata o 22 de outubro de 2026.

Máis información

Consulta a BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DO PROXECTO “+EMPREGA NOS CONCELLOS” 2026 PARA FINANCIAR CONTRATOS FORMATIVOS.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *