A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca os Premios de Artesanía de Galicia 2026, coa finalidade de recoñecer o labor creativo, a traxectoria profesional e o impulso á formación dentro do sector artesán galego. Estes galardóns, promovidos pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, buscan poñer en valor a excelencia, a innovación e a transmisión dos oficios tradicionais, apoiando tanto aos mestres consolidados como ás novas xeracións.
Xa está aberta a convocatoria para a 8ª edición da ViaExterior, a aceleradora multisectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no proceso de internacionalización das empresas galegas.
O vindeiro 16 de setembro EspazoCoop organiza en Vigo dúas xornadas para o fortalecemento e proxección da economía social galega. Pola mañá celebrarase a sesión “Consolida+ – Cooperativas máis fortes”, centrada en compartir resultados, boas prácticas e axudas para a consolidación de cooperativas. Pola tarde terá lugar a xornada “Accede a Contratos Públicos”, co fin de capacitar ás entidades da economía social no acceso á compra pública.