Obxectivos
A xornada «Consolida + . Cooperativas máis fortes» ten por obxectivo expor os resultados do programa Consolida+ edición 2025, e mostrar boas prácticas de consolidación. Tamén buscan divulgar axudas para a consolidación de cooperativas e favorecer as relacións entre cooperativas, é dicir: a xeración de redes.
A xornada “Accede a contratos públicos” ten a finalidade de capacitar ás entidades de economía social para a preparación de ofertas diante de concursos públicos, favorecer o mutuo coñecemento entre as entidades participantes, posibilitar un marco de colaboración que permita a presentación de proxectos conxuntos, estimulando e acompañando procesos de intercooperación e divulgar ferramentas de acceso á compra pública.
Quén pode asistir
A xornada «Consolida + . Cooperativas máis fortes» está orientada a sociedades cooperativas galegas interesadas na súa consolidación, persoas socias, persoas xerentes e equipos técnicos de cooperativas e entidades relacionadas coa economía social que queiran coñecer os resultados e experiencias do programa.
A xornada “Accede a contratos públicos” poden asistir entidades da economía social (cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións e fundacións de interese social), persoas con responsabilidade na xestión, administración ou dirección destas entidades e técnicos/as e profesionais que asesoren entidades da economía social en materia de contratación pública.
Datas, lugar e horario:
Ambas xornadas celébranse o martes 16 de setembro de 2025.
Lugar: A Morada. Rúa Enrique X. Macías, nº 6 Baixo. VIGO
Horario:
- Xornada «Consolida + . Cooperativas máis fortes» | Mañá
De 10:00 a 15:00 hs.
- Xornada «Accede a contratos públicos» | Tarde
De 15:30 a 18:30 hs.
Máis información
Consulta o programa da xornada Consolida+.
Consulta o programa da xornada «Accede a contratos públicos ».
Inscricións:
- Inscripción para a xornada Programa Consolida+: Cooperativas máis fortes
- Inscripción para a xornada Accede a contratos públicos
Este documento ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.