Adíase ata 2028 a implantación obrigatoria do sistema VERI*FACTU
A Axencia Tributaria anunciou este luns, 5 de outubro, un novo adiamento na entrada en vigor do sistema VERI*FACTU, que se fixa agora en outubro de 2028. Inicialmente, estaba previsto que fose obrigatorio a partir do 1 de xaneiro de 2027 para as empresas declarantes do Imposto sobre Sociedades e a partir do 1 de xullo de 2027 para o resto de autónomos e empresas.
Esta decisión ten como principal obxectivo facer coincidir a súa implantación coa da factura electrónica obrigatoria para pemes e autónomos, co fin de evitar que teñan que adaptar os seus programas informáticos en varias fases consecutivas.
Ademais, Facenda busca adaptar o sistema español á iniciativa da Unión Europea, o proxecto ViDA, destinado a modernizar o sistema do IVE e a combater a fraude fiscal mediante a súa adaptación á economía dixital.
Segundo Facenda, manteranse as esixencias de integridade, trazabilidade, conservación e inalterabilidade das facturas.
Máis información
Para calquera información a maiores sobre esta medida ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

