Obxecto
Compensar os danos derivados da aplicación de medidas fitosanitarias oficiais para a erradicación de pragas de corentena e outras pragas regulamentadas en Galicia.
Entidades beneficiarias
Persoas físicas e xurídicas e entidades sen personalidade xurídica titulares dos vexetais ou produtos vexetais afectados polas medidas oficiais de erradicación, como consecuencia da presenza declarada oficialmente dunha das pragas incluídas na convocatoria.
As empresas deberán ter a consideración de microempresa, pequena ou mediana empresa (peme), de acordo coa normativa aplicable.
Requisitos adicionais:
- Os produtores de plantas de viveiro deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais no momento da inspección inicial.
- As actuacións de erradicación deberán realizarse baixo o control oficial da autoridade competente.
- As parcelas de viñedo cunha superficie superior a 0,1 hectárea deberán estar inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia.
Exclusións:
- Persoas ou entidades incursas nas prohibicións para obter subvencións previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Persoas sancionadas por infraccións graves ou moi graves en materia de sanidade vexetal nos dous anos anteriores á solicitude, así como aquelas respecto das que persistan as causas de exclusión ou existan procedementos pendentes de cobramento por infraccións graves ou moi graves anteriores a ese período.
- Persoas titulares de vexetais ou produtos vexetais que incumprisen a normativa de sanidade vexetal.
- Empresas en crise, salvo que esta situación sexa consecuencia dos danos ou perdas provocados pola praga.
- Empresas sometidas a unha orde de recuperación pendente por unha axuda declarada ilegal e incompatible co mercado interior.
Gastos indemnizables
Terán a consideración de gastos indemnizables os gastos e perdas directamente derivados das medidas oficiais de erradicación, incluídos:
- Destrución, desinfección, esterilización e outros tratamentos oficiais dos vexetais, produtos vexetais e obxectos afectados ou declarados contaminados ou de risco.
- Tratamento de substratos e terreos contaminados ou considerados de risco.
- Materiais de produción, acondicionamento, embalaxe e almacenamento, así como locais destinados a estas actividades e os medios de transporte que estivesen en contacto cos vexetais, produtos vexetais ou outros obxectos afectados pola praga.
As actuacións indemnizables deberán terse executado entre o 16 de novembro de 2024 e o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Contía
O importe máximo da indemnización será de 10.000 euros por persoa beneficiaria.
A indemnización non poderá superar o valor de mercado dos bens afectados e descontaranse os importes percibidos de seguros ou doutras axudas para os mesmos gastos indemnizables
Fusarium circinatum Nirenberg & O’Donnell
Para produtores de plantas de viveiro forestal, no caso de plantas de Pinus spp. destinadas a plantacións forestais:
- Ata 150.000 plantas: 0,144 €/planta.
- Máis de 150.000 e ata 300.000: 0,122 €/planta.
- Máis de 300.000 e ata 500.000: 0,115 €/planta.
- Máis de 500.000: 0,108 €/planta.
- As tarefas de destrución indemnizaranse ata un máximo do 10 % do valor das plantas destruídas.
Grapevine flavescence dorée phytoplasma
- Eliminación de ata o 10 % da superficie da parcela: 10 € por planta destruída. Esíxese un mínimo de tres plantas destruídas no conxunto das parcelas incluídas na solicitude.
- Eliminación de máis do 10 % da superficie ou da parcela completa: 7.500 €/ha, calculados sobre a superficie total da parcela afectada.
- Produtores de planta de viveiro de vide: 2 €/planta.
- Comercializadores de planta de viveiro de vide: prezo de adquisición acreditado mediante factura, cun máximo de 1,50 €/planta.
Prazo
Do 17 de outubro, ás 9:00 horas, ata o 17 de novembro de 2026, ás 20:00 horas.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento MR465A.
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

