CERTIFICADO DE REPRESENTANTE DE ADMINISTRADOR ÚNICO OU SOLIDARIO

Este certificado permite a unha persoa física actuar en nome dunha sociedade ante as Administracións Públicas e outras entidades.

QUEN PODE SOLICITALO?

Este certificado poden solicitalo os representantes de sociedades anónimas e sociedades limitadas que sexan administradores únicos ou solidarios, sempre que as súas facultades estén inscritas e vixentes no Rexistro Mercantil.

No Rexistro Mercantil deben reflectirse os seguintes datos:

  • NIF actual da sociedade.
  • Órgano de administración.
  • NIF ou NIE do administrador.
  • Cargo específico: administrador único ou solidario.
  • Data de nomeamento, duración do cargo (vixente ou indefinida).
  • Número e data de inscripción.

IMPORTANTE: Este certificado non pode ser solicitado por administradores mancomunados, apoderados, conselleiros, presidentes, administradores conxuntos, liquidadores nin sociedades cuxo administrador único ou solidario sexa outra sociedade. Nestos casos, deberá solicitarse un certificado de representante de persoa xurídica.

DIFERENZA ENTRE ADMINISTRADOR ÚNICO OU SOLIDARIO

Administrador único: Unha soa persoa encárgase de administrar e representar á sociedad.

Administrador solidario: Hai dous ou máis administradores e cada un pode representar á sociedade por separado, sen necesitar a autorización dos demáis.

COMO PODO OBTER O CERTIFICADO

O proceso consta de tres pasos, que deben seguirse nesta orde:

  1. Instalar o software da FNMT.
  1. Solicitar o certificado por internet. É necesario identificarse cun certificado de persoa física da FNMT-RCM ou co DNI electrónico (DNIe).
  1. Descargar o certificado. Aproximadamente unha hora despois da solicitude, poderás descargalo e instalalo utilizando o código de solicitude. Durante este proceso tamén poderás realizar o pago e unha copia de seguridade.

PREZO E VALIDEZ

O certificado ten un período de validez de 2 anos e o seu prezo é de 24€ máis impostos. O pago débese realizar con tarxeta de crédito ou débito.

OPCIONAL: Para aumentar a seguridade e facilitar a custodia do certificado, pódese adquirir un kit de lector e tarxeta criptográfica. Unha vez descargado o certificado, poderáse facer unha copia de seguridade e importalo á tarxeta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *