ELECCIÓN DE FORMA XURÍDICA

A forma xurídica é a estrutura legal pola que un negocio existe ante a lei: define quen responde fronte a terceiros, como tributa, como se configura o capital social e que trámites son necesarios. É unha das primeiras decisións estratéxicas dun emprendedor.

A forma xurídica máis sinxela e directa para emprender, especialmente axeitada para negocios pequenos, con pouco risco ou de carácter persoal é a do empresario individual, tamén chamado autónomo.  Neste caso non existe unha entidade diferente da persoa emprendedora.  Trátase dunha persoa física que realiza de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica ou profesional por conta propia, fóra da dirección doutra persoa, e con fins lucrativos.

As principais características do empresario individual son as seguintes::

  • É o titular e responsable da empresa, que non ten personalidade xurídica propia distinta da súa persoa.
  • Non se require capital mínimo para a súa constitución.
  • A responsabilidade é ilimitada: o empresario responde con todos os seus bens presentes e futuros das débedas xeradas pola actividade.
  • Tributa polo IRPF, a través dos rendementos de actividades económicas.
  • Trámites sinxelos para iniciar a actividade, xa que non se precisa crear unha sociedade.

A maiores, existen as seguintes opcións a contemplar, nas que  xa se constitúe unha persoa xurídica diferente da persoa emprendedora:

1. Cooperativa (COOP)

As persoas asócianse voluntariamente para satisfacer necesidades comúns mediante unha empresa de propiedade colectiva e xestión democrática.

  • Responsabilidade limitada
  • Un socio = un voto
  • Fiscalidade favorable e acceso a axudas específicas

2. Sociedade Limitada (S.L.)

Forma mercantil máis común, con responsabilidade limitada ao capital achegado.

  • Mínimo 1 socio
  • Capital mínimo: 1 €
  • Fiscalidade:  Imposto de Sociedades

3. Sociedade Limitada Unipersoal (S.L.U.)

Variante da S.L. con un único titular.

  • Flexibilidade e autonomía total
  • Imaxe profesional e responsabilidade limitada

4. Sociedade Limitada Profesional (S.L.P.)

Dirixida a profesionais colexiados (avogados, arquitectos, etc.).

  • O 51% do capital debe ser de profesionais
  • Mellora de imaxe e responsabilidade limitada

5. Sociedade Limitada Laboral (S.L.L.)

A maioría do capital pertence aos traballadores con contrato indefinido.

  • Modelo participativo
  • Fondo de reserva obrigatorio
  • Beneficios fiscais de economía social

6. Sociedade Anónima Laboral (S.A.L.)

Semellante á S.L.L., pero con capital dividido en accións e co funcionamento dunha SA.

  • Maior número de socios posibles
  • Ideal para proxectos de maior dimensión

A continuación, expoñemos nun cadro resumo as principais características de cada una das distintas formas xurídicas máis comúns:

Forma xurídicaNº mínimo de sociosResponsabilidadeCapital mínimoFiscalidadeElementos distintivos
Autónomo1IlimitadaNon se requireIRPFPersoa física, constitución sinxela e rápida, control da empresa, negocios pequenos.
COOP2Limitada ao capital achegadoSegundo estatutos(3.000€ caso xeral)Imposto de SociedadesXestión democrática, fins sociais.
S.L.1Limitada ao  capital social (ou a 3.000 € no caso de que aquel sexa menor)1 € (pero recomendable 3.000 €)Imposto de SociedadesFlexible e habitual para PEMES.
S.L.U.1Limitada ao  capital social (ou a 3.000 € no caso de que aquel sexa menor)1 € (pero recomendable 3.000 €)Imposto de SociedadesUn único titular, autonomía total.
S.L.P.1 ou máisLimitada3.000 €Imposto de SociedadesProfesionais colexiados. (mínimo 51 %)
S.L.L.2 (logo 3)Limitada3.000 €Imposto de SociedadesMaioría do capital en mans dos traballadores
S.A.L.3Limitada60.000 €Imposto de SociedadesCapital dividido en accións laborais

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *