Estas subvencións teñen por obxecto a mellora da calidade e a competitividade da oferta turística en Galicia mediante a incentivación da mellora das infraestruturas e as instalacións dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da nosa Comunidade Autónoma (procedento TU503A).
Beneficiarios:
Pemes (persoas físicas e xurídicas) titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado o establecemento turístico para o que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
En concreto, considéranse establecementos turísticos os seguintes: establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues turísticos e restaurantes debidamente inscritos no REAT.
Ademais, deberán acreditar unha antigüidade no exercicio da actividade non inferior a 5 anos dende a data de solicitude da axuda (tanto da actividade como do establecimento), considerando para o cálculo da antigüidade a data de inscrición no REAT.
Por último, será tamén requisito acreditar a propiedade dos inmobles e instalacións obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria para a realización do investimento subvencionado e que permita a explotación do establecemento durante o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista (3 anos).
Accións subvencionables. Condicións:
As obras de mellora terán que ser iniciadas a partir do 1 de xaneiro de 2026.
Poderán subvencionarse os seguintes investimentos:
- Mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Obras para mellorar as instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade (especialmente o Q de calidade Turística)
- Actuacións de adaptación as modificacións normativas e a mellora da clasificación do establecemento que supoña un incremento de categoría.
- Renovacións e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
- Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento.
- Melloras da climatización que favorezan a sustentabilidade e a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
- Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento (neste caso, o investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto).
- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servicos.
O investimento neto (importe do orzamento unha vez deducido o IVE) máximo admitido será de 100.000 euros.
No caso de obras, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou certificado do concello que deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.
Serán gastos subvencionables aqueles vencellados coa execución do proxecto e tamén os servizos profesionais vinculados ao proxecto , como honorarios técnicos (sempre que sexan inferiores ao 6% do investimento neto admitido) de redacción do proxecto e de dirección de obra.
Por outro lado, en ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:
- Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
- Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, así como enxoval de cociña e comedor, enxoval das habitacións e baños, e adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias.
- Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canalóns, pintura, arranxos de carpintaría,…).
- Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
- Gastos de conectividade.
- Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade solicitante
- Os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.
- Impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación e impostos persoais sobre a renda.
Criterios de valoración:
Os proxectos ou actuacións deberán ser técnica, económica e financeiramente viables, e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención serán por orde decrecente os seguintes:
- Antigüidade segundo a data de incrición no no REAT. Máximo 28 puntos.
- Impacto no emprego: Favorecerase o mantemento e a creación do emprego da empresa ou entidade solicitante durante o ano 2023. Máximo 10 puntos.
- Tamaño da entidade ou empresa. Favoreceranse os proxectos das empresas ou entidades de menor tamaño. Máximo 20 puntos.
- Que a empresa ou entidade estea en posesión dalgún certificado de calidade para o sector turístico referido ao establecemento para o cal se pide a axuda: 16 puntos.
- Que a empresa ou entidade posean algunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida referida ao establecemento para o cal se pide a axuda: 16 puntos.
- Que a empresa ou entidade teña implantado un plan de formación/plan de igualdade: 10 puntos.
Contía da axuda:
A subvención poderá ser de ata o 60 % sobre o orzamento de gastos subvencionables, cun importe máximo por entidade beneficiaria de 60.000 €. A porcentaxe da axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que acaden os proxectos presentados:
| Puntos | % axuda |
| 80-100 | 60% |
| 60-79 | 50% |
| 40-59 | 40% |
Os proxectos que non acaden un mínimo de 40 puntos non obterán subvención. Se dúas ou mais solicitudes acadan igual puntuación e non existe crédito suficiente para atendelas a todas, priorizaranse aquelas solicitudes en que o establecemento para o cal se solicita a axuda sexa o de maior antigüidade.
Prazo de solicitudes:
Do 13 de marzo ao 13 de abril de 2024.
A ter en conta:
As persoas beneficiarias deberán manter a actividade subvencionada e a súa actividade en Galicia durante un período mínimo de tres anos contados desde a data en que se produza a liquidación definitiva da subvención.
As persoas beneficiarias deberán publicitar o financiamento das actuacións, mediante a colocación dun cartel realizado en material resistente no cal figure a subvención da Xunta de Galicia, conforme ao modelo facilitado. Se o importe da actuación é superior a 20.000 euros, a placa informativa deberá manterse durante 5 anos.
A xustificación da subvención deberá presentarse, como data límite, o 3 de novembro de 2026.
Ao tratarse dunha axuda suxeita ao reglamento das axudas de minimis, deberase garantir que, no caso de recibir outras axudas baixo este réxime, non se supera o límite de 300.000 € durante os tres anos previos.
Máis información:
Código de procedemento de tramitación: TU503A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

