Estas axudas buscan contribuír á diversificación da oferta de contidos, fidelización de públicos e garantía da viabilidade e continuidade das salas, especialmente nas localizacións con menor rendibilidade ou en contornos rurais
Beneficiarios
Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas autónomas e pequenas ou medianas empresas (pemes):
– Que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia ou noutro territorio da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
– Sexan xestoras dunha sala de exhibición cinematográfica independente situada na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos adicionais:
– Ter como obxecto social a exhibición comercial de películas.
– Estar dadas de alta na epígrafe 963.1 do imposto de actividades económicas, cunha antigüidade mínima dun ano.
– Realizar o proxecto entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2026.
– A sala debe estar en funcionamento continuado durante ese período.
– Ter programado polo menos un 20 % de títulos de cine europeo ou de terceiros países con baixa cota de pantalla durante o ano 2024.
Actividades subvencionables
– Campañas de dinamización e captación de público.
– Programacións especiais ou regulares de cinema galego.
– Programacións de cinema europeo ou de terceiros países con baixa cota de pantalla.
– Campañas de promoción dirixidas a públicos específicos
Contía
A contía segundo o número de pantallas da sala cinematográfica distribúese da seguinte forma:
Nº de pantallas | Contía máxima |
1 ou 2 | ata 12.000 € |
3, 4 ou 5 | ata 15.000 € |
6 ou máis | ata 18.000 € |
Incrementos adicionais posibles:
- +3.000 € se a sala está situada nunha localidade con menos de 25.000 habitantes.
- +3.000 € se máis do 50 % das películas non nacionais proxectadas durante o período subvencionable foron en versión orixinal subtitulada.
Prazo
Dende o 11/08/2025 ata o 11/09/2025.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento CT207C
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.