Se te dedicas a creación literaria nalgunha das súas facetas (escritura, tradución, deseño gráfico ou ilustración), desenvolves o teu traballo en Galicia e tes interese en participar nunha estadía en residencias literarias fóra de Galicia, esta convocatoria interésache.
Xa se pode solicitar os novos “bonos talento empresa”, destinados á realización de actividades formativas non formais e de curta duración por parte das empresas galegas dirixidas a mellorar as capacidades e o desenvolvemento profesional do seu persoal.
Nota: Ampliación do prazo ata o 3 de novembro de 2023 (incluído).
Se es unha persoa autónoma con menores ao teu cargo, de ata doce anos incluídos, e tes necesidades puntuais de conciliación durante os períodos das vacacións escolares, tamén podes solicitar as axudas do Bono Concilia Familia 2023 que a Xunta de Galicia acaba de publicar.
Se es autónomo ou tes unha pequena empresa que iniciou a súa actividade empresarial en 2021, 2022 ou 2023 e realizaches investimentos por importe non inferior aos 5.000 euros durante este ano ou con posterioridade ao 5 de novembro de 2022 , xa podes solicitar as subvencións ao EMPRENDEMENTO 2023.
Publicada a convocatoria de axudas para persoas autónomas que inicien un novo emprendemento despois do peche dun negocio anterior, sempre que transcorresen un mínimo de 3 meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.