O obxecto é servir de estímulo ao empresariado para a contratación das persoas traballadoras do municipio de Vigo, favorecer o emprego estable e facilitar ás persoas traballadoras máis vulnerables o seu acceso ao emprego que permita mellorar o seu grao de empregabilidade na contorna da empresa
O obxectivo destas axudas é incorporar o deseño estratéxico nas pemes beneficiarias, é dicir, os seus procesos e o pensamento creativo propio do deseño, na xestión do negocio. Sendo unha ferramenta para facilitar o obxectivo de mellorar a posición das empresas, e fomentar a adopción do deseño no marco empresarial como un valor estratéxico.
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismos de recuperación e resiliencia
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, especialmente paralizadas, para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.