QUE É UN AUTÓNOMO COLABORADOR?
Un autónomo colaborador é un familiar directo do autónomo titular para o que traballa. A Seguridade Social indica cales son os requisitos para cotizar como autónomo colaborador:
- Ser Familiar directo do titular de ata segundo grao por consanguinidade, afinidade ou adopción.
- Traballar de forma habitual, non se valora unha colaboración puntual.
- Ter unha idade mínima de 16 anos.
- Debe compartir vivenda co titular do negocio ou depender económicamente del.
- Que non estivera dado de alta como autónomos nos últimos 5 anos.
BONIFICACIÓNS
Os autónomos colaboradores cotizarán ao 50 % na cota de autónomos durante os 18 meses posteriores ao alta, os seguintes 6 meses cotizarán ao 25 %.
A principal vantaxe de ser autónomo colaborador é que, ao non figurar como obrigado tributario en Facenda, está exento das obrigacións fiscais trimestrais.
Desta forma, non é necesario presentar declaracións nin impostos trimestrais de IVE (modelo 303) e IRPF (modelo 130), que son obrigación do autónomo titular do negocio.
Así, o autónomo colaborador só terá que presentar anualmente a súa declaración de IRPF, como calquera traballador, e pagar os impostos que lle correspondan en base aos ingresos obtidos, que deberán estar xustificados polos correspondentes recibos ou nóminas.
OBRIGAS DO AUTÓNOMO TITULAR
- Pagar o seu salario en función da categoría profesional e do convenio.
- Pagar de forma subsidiaria as cotizacións á Seguridade Social do autónomo colaborador.
- Contabilizar estas partidas (salario e cotizacións) como gastos deducibles do seu negocio.
COMO DARSE DE ALTA COMO AUTÓNOMO COLABORADOR?
Na Seguridade Social presentando o modelo TA 0521/2, ademais haberá que presentar a seguinte documentación complementaria:
- Libro de familia
- DNI
- Unha copia de alta en facenda do titular do negocio.