Xa podes solicitar a axuda do programa impacto autónomo. Este programa está dirixido a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.
Queres saber cal vai ser a túa cota de autónomo a partir do 1 de xaneiro? Xa o podes consultar no simulador da Tesorería General de la Seguridad Social (TGSS), e coñecer o novo sistema de cotización por rendementos netos que entra en funcionamento en xaneiro 2023.
Convócanse as axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III (empresas entre 0 e menos de 3 empregados) por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. No Segmento III o prazo de presentación de solicitudes comenza o 20 de octubre de 2022 ás 11 horas.
Este programa está dirixido a dous colectivos: persoas que cesaron a súa actividade como autónomas e teñen a iniciativa de voltar a emprender; e persoas que estean de alta nunha actividade e queiran traballar nun sector diferente.