Trátase dunha convocatoria bienal, estendéndose o período de programación dende o 21 de maio de 2024 ata o 30 de outubro de 2025 (distribuíndose o orzamento ao 50% nos dous anos) e con ela búscase impulsar o tecido musical galego e que exista certa estabilidade na oferta musical en directo durante todo o ano.
Inclúense dúas modalidades en función da programación:
- Programación da oferta musical específica para o circuito, incluída na Rede galega de música ao vivo, que estará subvencionada ao 100%.
- Outra programación: actuacións musicais de artistas e grupos que non estean incluídos no catálogo da Rede galega de música ao vivo, na que o límite da axuda será de 7.500 €.
PROXECTOS SUBVENCIONABLES
Só se poderá presentar un único proxecto por solicitante e sala, que incluirá as dúas liñas, respectando os requisitos de cada unha delas:
Programación musical na Rede galega de música ao vivo, que terá que cumprir os seguintes requisitos:
- O proxecto de programación deberá constar dun mínimo de 12 e un máximo de 24 concertos distribuídos entre as dúas anualidades de xeito equilibrado.
- Formado integramente por artistas que desenvolvan a súa actividade habitualmente en Galicia.
- Contará cun mínimo de 40 % de presenza de artistas femininas galegas.
- O caché mínimo por solista o membro da banda será de 250 euros (sen IVE) e o custo máximo subvencionable por concerto non poderá ser superior a 2.500 euros (sen IVE).
- Todos os concertos deberán ser de pago para as persoas asistentes, cun prezo mínimo por entrada de 5€ (IVE incluído).
Programación complementaria á Rede galega de música ao vivo, que terá que cumprir os seguintes requisitos:
- Mínimo de 40 concertos distribuídos entre as dúas anualidades dun xeito equilibrado.
2. Todos os concertos deberán ser de pago para as persoas asistentes, cun prezo mínimo por entrada de 5€ (IVE incluído).
BENEFICIARIOS
Persoas autónomas e persoas xurídicas privadas.
Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo o obxecto da subvención.
Deberán contar cun domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, propietarios ou posuidores, por calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, habilitados legalmente, coa correspondente licenza ou permiso municipal para organizar espectáculos musicais en directo con público.
CONTÍA DAS AXUDAS
Os proxectos para a programación da Rede galega de música ao vivo non poderán ter un custo subvencionable maior de 22.500 € (IVE excluído).
O importe máximo da subvención será do 100% do orzamento subvencionable presentado, sen superar os 22.500€. A achega máxima por concerto será a derivada do gasto en caché máis 250 euros (sen IVE) xustificlables entre os conceptos dos gastos subvencionables.
Os proxectos para programación complementaria da Rede galega de música ao vivo non poderán ter un custo subvencionable maior de 9.375 € (IVE ecluído). O importe máximo de subvención será do 80% do orzamento subvencionable presentado, sen superar os 7.500€.
A achega máxima por concerto será de 150 € (sen IVE) en concepto dos gastos subvencionables.
Segundo o recollido nos parágrafos anteriores, unha solicitude poderá acadar como máximo un importe de subvención de 30.000 € (IVE excluído).
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Aqueles que respondan a natureza da actividade subvencionada e sexan estritamente necesarios. Só se admitirán os gastos realizados e pagados dende o 21/05/2024 ata o 30/10/2024.
Na liña da programación incluída na Rede galega de música ao vivo::
- Gastos de persoal artístico contratado asociado ao proxecto (cachés dos grupos).
- Gastos de produción.
- Gastos de xestión de dereitos de autor.
- Gastos de comercialización, promoción e publicidade.
- Gastos de honorarios profesionais de xestión da subvención, cun límite de 2.000€.
Na liña de programación complementaria:
- Gastos de produción.
- Gastos de xestión de dereitos de autor.
- Gastos de comercialización, promoción e saúde.
PRAZO DE SOLICITUDE
As solicitudes de subvención poderanse presentar dende o 21 de maio ata o 20 de xuño de 2024.
As axudas concederanse por orde de presentación ata o esgotamento do crédito.
MÁIS INFORMACIÓN
Código de procedemento: CT302D
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.