FORMACIÓN “EMAIL MARKETING COMO FERRAMENTA COMPLEMENTARIA AO KIT DIXITAL”

Se estás interesado na dixitalización aproveita esta oportunidade de aprender con Victoria Delgado, mentora de xestión dixital, sobre o Email Marketing nunha poñencia on line gratuíta para sacarlle o máximo proveito a esta ferramenta.

Nun panorama onde a presenza dixital é esencial, ofrecer servizos e produtos  online é cada vez máis importante. O Programa Oficina Acelera Pyme da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa ten como obxectivo descifrar as potentes capacidades do Email Marketing profundando nas súas funcionalidades, a través dunha xornada na que se falará sobre como podes aproveitar esta potente ferramenta, sendo subvencionable a través do Kit dixital.

DIRIXIDA A

Empresas interesadas en dixitalización e público en xeral.

PROGRAMA DA XORNADA

A conferencia será en liña e abarcará os seguintes puntos:

  1. Introducción
  2. Categorías do kit dixital relacionadas coa temática da xornada
  3. Que é o eMAIL marketing
  4. Beneficios para o teu negocio
  5. Cando implementar o eMail Marketing
  6. Funcionalidades e operativa común a todas as solucións eMail Marketing coa xestión do teu negocio
  7. Demostración de uso

DATAS E HORARIO

Día 20 de xuño de 09:00 ás 11:00 horas.

MÁIS INFORMACIÓN

Para acceder a máis información do curso consulta a seguinteLIGAZÓN.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *