Esta convocatoria da Xunta de Galicia busca facilitar a asistencia e participación dos profesionais e empresas galegas que desenvolvan o seu traballo no sector do libro nas feiras e outros eventos nacionais e internacionais relacionadas co dito sector, a través de subvencións para os gastos de viaxe, aloxamento e manutención.
Así, serán subvencionables os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro por parte de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras. Estas actividades poden ser feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.
No caso das persoas xurídicas poderán asistir ás actividades subvencionadas dous traballadores, previamente designados pola empresa e que figuren na solicitude, a unha actividade cada un ou ben un traballador a dúas actividades.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas físicas, sexan autónomas ou non, ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
- Terse inscrito ou ter asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.
- Acreditaren o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma Galega.
- Ter publicado obra en Galicia, polo menos unha, como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora, para a cal se solicita a subvención, nos cinco anos anteriores á publicación da presente orde.
As persoas xurídicas deben acreditar a condición de editoras ou tradutoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2024 na epígrafe 476.1 edición de libros o 774 traductores e intérpretes del impuesto de actividades económicas.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Son subvencionables os gastos que estean facturados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 16 de decembro de 2024 (incluído).
- Serán subvencionables os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia a un máximo de 2 eventos.
Para o establecemento da contía que se pode percibir en concepto de gasto de viaxe valorarase, exclusivamente, a xustificación documental dos gastos de aloxamento e transporte.
Quedan excluídos desta subvención os gastos de manutención ou calquera outro gasto que non se refira de xeito indubidable ao obxecto da subvención.
CONTÍA DAS AXUDAS
O financiamento dos gastos da viaxe son os referidos ao aloxamento e transporte e terá o seguinte importe por ámbito xeográfico de destino, sempre que se xustifique:
- España, agás a Comunidade Autónoma Galega: 500 €
- Resto de Europa ou países ribeiregos do Mediterráneo: 900 €
- Resto do mundo: 1.600 €
Estas axudas están suxeitas ao réxime de minimis.
PRAZO DE SOLICITUDE
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de xullo de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: CT221A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.