Se estás interesado na dixitalización aproveita esta oportunidade de aprender con Victoria Delgado, mentora de xestión dixital, sobre o Email Marketing nunha poñencia on line gratuíta para sacarlle o máximo proveito a esta ferramenta.
A Consellería de Cultura, a través da Agadic, aprobou a convocatoria de subvencións da Rede Galega de Música ao vivo para que as salas privadas, habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, contraten solistas e grupos galegos na súa programación musical de sala para a tempada 2024-2025.
Se te dedicas a escribir, ilustrar, traducir ou editar e asistiches ou estás pensando en asistir a eventos relacionados con este mundo, xa podes solicitar as subvencións para a participación en actividades no sector do libro para o ano 2024.
Participa na IV edición do Premio á innovación forestal co teu proxecto empresarial en busca da mellora do medio ambiente que convoca a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Co fin de preservar o patrimonio cultural de Galicia, a Xunta de Galicia convoca subvencións para colaborar no financiamento de intervencións que afecten proxectos arqueolóxicos de interese histórico de carácter privado.