A Consellería de Emprego convoca estas axudas, en concorrencia non competitiva, co obxectivo de apoiar as cooperativas e sociedades laborais que se constitúan por transformación dunha empresa existente, facilitándolle a liquidez necesaria para realizar investimentos, asesoramentos, servizos especializados enfocados á profesionalización e desenvolvemento estratéxico da nova entidade, e gastos correntes no inicio da súa actividade.
BENEFICIARIAS
Sociedades laborais ou cooperativas que xurdan nalgún dos seguintes procesos:
- Constitución por ausencia de remuda xeracional: Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultaren extinguidos por causa de crise ou xubilación da persoa empregadora.
- Constitución por persoas autónomas: Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, integradas na súa totalidade por persoas traballadoras autónomas que xa estivesen a realizar unha actividade laboral e estean en situación de alta como autónomas na Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional.
- Constitución por transformación de todo tipo de sociedades ou pola adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das persoas traballadoras coa finalidade de transformala nunha cooperativa ou sociedade laboral.
As persoas beneficiaras terán a obriga de manter, polo menos, durante un período de 3 anos desde a data da resolución de concesión, a forma xurídica de cooperativa ou sociedade laboral, así como a actividade empresarial e o emprego xerado.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
- Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legamente preceptivos para o proceso de transformación.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Obtención de certificación de calidade.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Plan de protección de datos.
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do local de negocio.
- Mobiliario.
- Elementos de transporte.
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda será do 80 % do custo total dos gastos subvencionables indicados no apartado anterior, cos seguintes límites:
- 4.000 € para gastos de asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral
- 5.000 € para cada unha das seguintes categorías de gasto:
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Obtención de certificación de calidade.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Plan de protección de datos.
- Equipamento informático
O límite máximo das axudas por entidade beneficiaria será de 50.000 €.
Ademais, a contía da axuda poderá incrementarse en 3.000 € por cada unha das seguintes condicións que se cumpran, co límite máximo de 24.000 € por entidade beneficiaria:
- Que a sede social da entidade beneficiaria estea situada nun concello rural.
- Que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por mulleres.
- Que na actividade económica da nova entidade beneficiaria as mulleres contratadas nos grupos ocupacionais se atopen subrepresentadas.
- Que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas emigrantes retornadas.
- Que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas maiores de 45 anos.
- Que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas con discapacidade.
- Que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas trans.
O pagamento final das subvencións quedará condicionado á presentación das facturas e documentos bancarios acreditativos do seu efectivo pagamento.
INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas son incompatibles con outras establecidas nos diferentes programas dirixidos ao apoio a iniciativas de emprego, sempre que haxa identidade entre os mesmos conceptos subvencionables e con outras que puidesen concederse para a mesma finalidade.
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.
PRAZO DE SOLICITUDE
Ata o 16 de setembro de 2024.
(As axudas concederanse por orde de presentación, ata o esgotamento do crédito existente)
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TR802R.
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.