Etiqueta cooperativas

BOLSAS XERENCIAIS TALENTO COOPERATIVO 2025

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop convoca unha nova edición do programa de bolsas “Talento Cooperativo”, dirixido a persoas menores de 30 anos, preferentemente mulleres en situación de desemprego, con formación en áreas de xestión empresarial. As bolsas ofrecen estadías de 6 meses en cooperativas galegas, combinando formación teórica e práctica en tarefas xerenciais, co obxectivo de mellorar a xestión das entidades e fomentar o emprego na economía social.
Continuar leyendoBOLSAS XERENCIAIS TALENTO COOPERATIVO 2025

ECONOMÍA SOCIAL

A Economía Social constitúe unha alternativa ao modelo económico tradicional, poñendo ás persoas e o ben común no centro da actividade empresarial. Este modelo integra entidades que priorizan valores como a solidariedade, a participación, a inclusión e a sustentabilidade, sendo clave no desenvolvemento local e na cohesión social. Descubre en que consiste a economía social, que son as sociedades laborais, o papel da rede Eusumo e en que se diferencia da economía mercantil.
Continuar leyendoECONOMÍA SOCIAL

COOPERATIVAS (COOP)

As cooperativas son unha fórmula xurídica e empresarial baseada na asociación voluntaria de persoas que se unen para satisfacer necesidades económicas, sociais e culturais comúns a través dunha empresa de propiedade conxunta e democraticamente controlada. Son unha opción moi valorada nos ámbitos rural, social e de servizos, e promoven principios de solidariedade, igualdade e autoxestión. A continuación explicamos que é unha cooperativa, cales son as súas principais vantaxes, as clases que existen e os trámites necesarios para a súa constitución.
Continuar leyendoCOOPERATIVAS (COOP)

XORNADA CREAMOS COOPERATIVAS | PROGRAMA +COOP 2025

A xornada “+COOP, creamos cooperativas” será o punto de encontro para persoas emprendedoras, cooperativas e profesionais que apostan polo modelo cooperativo como fórmula de emprendemento colectivo e sostible. No marco do programa +COOP 2024‑2025, esta cita servirá para compartir experiencias, visibilizar proxectos e reforzar a rede cooperativa galega.
Continuar leyendoXORNADA CREAMOS COOPERATIVAS | PROGRAMA +COOP 2025

TALENTO COOPERATIVO 2025: CONSOLIDA A TÚA EMPRESA DE ECONOMIA SOCIAL

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abre a convocatoria para participar no programa Talento Cooperativo 2025, un programa de consolidación e formación para a mellora no funcionamento das cooperativas e entidades de economía social. Se sodes unha cooperativa ou una sociedade laboral, podedes optar a esta convocatoria e contar cunha persoa titulada con formación empresarial durante 6 meses.
Continuar leyendoTALENTO COOPERATIVO 2025: CONSOLIDA A TÚA EMPRESA DE ECONOMIA SOCIAL