Coñece os puntos principais a través desta guía para estar sempre actualizado/a:
QUE É A FACTURA ELECTRÓNICA
Unha factura electrónica é un xustificante da entrega de bens ou da prestación de servizos, que se expide e recibe en formato electrónico e que conta con idénticos efectos legais que a factura en papel convencional. Actualmente, o Ministerio de Facenda conta cun programa gratuíto chamado “Facturae”, que permite xerar facturas electrónicas e que xa se está utilizando para a presentación de facturas ante as Administracións Públicas (xa que dende o 2015 existe a obriga de presentar as facturas na administración, de forma electrónica). Este programa tamén se pode utilizar para emitir facturas entre empresas. Poderás descargalo premendo no seguinte enlace.
Non obstante, está previsto que Facenda facilite un sistema gratuíto de facturación dixital específico para que os autónomos e as pemes poidan cumprir esta obriga, tendo en conta que tamén será obrigatorio incluír un QR en todas as facturas que emitan (que xerará tamén o propio programa). O obxectivo é principalmente reducir o fraude fiscal e dificultar os sistemas de dobre contabilidade.
NORMATIVA LEGAL
As facturas están reguladas polo Real Decreto1619/2012, onde se regulan as obrigacións de facturación tanto en papel como electrónicas.
Todas as facturas deben garantir:
- A lexibilidade da factura.
- A autenticidade da orixe da factura.
- A integridade do contido da factura (que o contido non fose modificado).
En caso das facturas electrónicas:
- A lexibilidade facilítaa o programa informático que a crea ou recibe.
- A autenticidade e a integridade pódense garantir de diversas formas:
- Mediante firma ou certificado electrónico.
- Mediante intercambio electrónico de datos EDI.
- Mediante outros medios comunicados pola Axencia Tributaria (AEAT).
- Mediante os controis de xestión usuais da actividade empresarial do suxeito pasivo, sempre que permitan crear unha pista de auditoría fiable que estableza a conexión entre a factura e a entrega de bens/prestación de servizos que a mesma documenta.
TIPOS DE FACTURAS ELECTRÓNICAS
Facturas en formato estruturado:
As facturas en formato estruturado conteñen datos e poden ser xeradas automaticamente polos sistemas informáticos de facturación do emisor e ser tramitadas igualmente de forma automatizada polos sistemas informáticos de pago e contabilidade do receptor. Algún sexemplos de formatos estruturados son os que utilizan o linguaxe XML (UBL, Facturar, EDIFACT…).
Facturas en formato non estruturado:
O proceso para introducilas nos sistemas informáticos do receptor require dunha intervención manual ou un proceso custoso que non adoita estar completamente automatizado, como poden ser as facturas en papel escaneadas ou os ficheiros PDF.
Segundo o borrador do Regulamento que desenvolverá a Lei Crea e Crece, as únicas facturas permitidas serán as de formato estruturado.
ELEMENTOS DUNHA FACTURA ELECTRÓNICA
- Numeración da factura.
- Data de emisión do documento.
- Datos de identificación fiscal sobre o emisor e o receptor da factura.
- Concepto da factura, para detallar que se está vendendo ou comprando.
- Base Impoñible: importe de venda sen impostos.
- Impostos.
- Importe total.
QUEN ESTÁ OBRIGADO A UTILIZAR FACTURAS ELECTRÓNICAS?
Será obrigatoria para todos os autónomos que facturen con outros autónomos ou empresas:
- A finais de 2024 ou comezos de 2025: Se a facturación é superior a 8 millóns de euros.
- A finais de 2025 ou comezos de 2026: Se a facturación é inferior a 8 millóns de euros.
- A finais de 2026 ou comezos de 2027: Os autónomos terán que comunicar o estado no que se atopan as súas facturas aos provedores.
- O resto das empresas terán que facelo entre 2024 e 2025.
O incumprimento desta obriga terá sancións económicas.
O obxectivo da dixitalización das facturas é reducir os custos, facilitar a transparencia, mellorar e facilitar a xestión comercial das empresas e acabar coa morosidade comercial.