Cursos gratuítos de prevención de Riscos laborais de nivel básico en modalidade de teleformación para autónomos e traballadores por conta propia.
Esta formación impartida polo ISSGA “Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia” ten como obxectivo capacitar aos asistentes para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.
PRAZO DE SOLICITUDE
Ata o 23 de marzo de 2024.
MODALIDADE DO CURSO
Curso básico de 60 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico en materia de prevención, o curso dará comezo o día 26 de marzo e rematará o 6 de maio.
A demais contará cunha plataforma do EGAP na que se poderá acceder a todos os elementos do curso: descargas, consultas, titorías, foros… . O programa do curso está estructurado nos seguintes temas:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión de prevención de riscos.
- Primeros auxilios.
- Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.
METODOLOXÍA
- Se queres participar no curso, solicita a túa inscripción aquí.
- Comunicarásete a túa admisión no curso ou non.
- Para obter o certificado de aproveitamento será necesario superar todas as probas de avaliación, envío de actividades e a realización dun exame final telemático o 6 de maio ás 10.00 horas.
MÁIS INFORMACIÓN
Esta formación pode non ser validable aos efectos da formación mínima necesaria para o desempeño das funcións preventivas de nivel básico para os sectores nos que o respectivo convenio colectivo contemple outras especificacións. Para acceder a máis información do curso consulta a seguinte LIGAZÓN.
Hola me gustaría consideraran mi situación de desempleado. Auque estoy en un curso de Docencia ya esto en las prácticas terminando. Termino el 8 de Abril. Entiendo que el curso inicia el 26 de marzo. Solo me faltarían unos dias para terminar las prácticas. En espera de respuesta. Gracias
Buenos días,
El curso, en principio, sería para autónomos y trabajadores por cuenta propia, de todas formas puedes solicitar información en el correo issga.formacion@xunta.gal o en el número de teléfono del ISSGA: 886 21 81 00 por si tuvieran plazas disponibles para otros perfiles laborales.
El curso inicia el día 26 de marzo y acaba el 6 de mayo de 2024.
Para cualquier otra consulta no dudes en ponerte en contacto con nosotros.