MICROCRÉDITOS PARA EMPRENDEDORES

Se queres levar a cabo un proxecto pero tes dificultades á hora de conseguir financiamento, lembra que podes recurrir aos microcréditos do Programa da Obra Social “La Caixa”.

O Programa da Obra Social “La Caixa” dispón dunha liña de financiamento dirixida a emprendedores, autónomos e microempresas de ata 9 empregados. O programa está financiado polo Fondo Europeo de Investimento (FEI) dentro do programa de garantía InvestEU, ao obxecto de axudar ao financiamento de investimentos produtivos. 

Obxectivo

O obxectivo do programa é facilitarlle o acceso ao financiamento ás persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio viable, pero que teñan dificultades no acceso ao financiamento tradicional. Ademais, o programa ofrece titorización e acompañamento a posibles autónomos/as e traballadores/as por conta propia, a través das entidades colaboradoras.

Funcionamento do Programa

O programa desenvólvese en colaboración coas entidades colaboradoras(*) ou mentores, que serán as encargadas de guiarte no proceso, axudarche a elaborar o plan de empresa e o informe de viabilidade  e apoiarte na presentación da documentación necesaria nunha oficina de CaixaBank.  

(*) Na zona de Vigo, a entidade colaboradora con este tipo de Microcréditos é a FUNDACIÓN ÉRGUETE,  a través do Punto de Autoemprego Incorpora. 

Estes son os pasos a seguir:

  1. Acollida: Asesoramento aos futuros emprendedores a través dos programas de autoemprego.
  2. Preparación: Realización dun plan de negocio e un informe de viabilidade para a nova empresa a través da entidade colaboradora (en Vigo, contactar co PAI da Fundación Érguete).
  3. Presentar a solicitude do Microcrédito de Microbank nunha oficina de CaixaBank. 
  4. Constitución: Acompañamento personalizado na formalización da empresa (análise de necesidades e riscos, búsqueda de financiación no territorio, etc) e no inicio da actividade.
  5. Consolidación: Unha vez creada a empresa, realizaranse visitas trimestrais para seguir asesorando e axudando ante calquera dificultade.

Condicións do Préstamo

  • Importe máximo do préstamo: 30.000 € (no caso de ampliación de proxecto empresarial xa existente, o importe poderá chegar aos 50.000 €)
  • Tipo de Interese a tipo fixo. Actualmente TAE 7,656%
  • Amortización do préstamo: ata 6 anos.
  • Financiamento: ata o 100 % do custo do proxecto ou investimento.
  • Carencia de capital: ata 6 meses. Será opcional, sempre e cando entre a amortización e a carencia non se exceda dun máximo de 6 anos.
  • Aval: Sen garantía real. No caso de persoas físicas, concédense coa garantía persoal sen necesidade de avais de terceiros. No caso de persoas xurídicas, co aval dos socios. 

Requisitos

  • Ser autónomo ou microempresa con ata 9 empregados e cunha facturación máxima de 2.000.000€
  • Ter un plan de negocio e un informe de viabilidade en colaboración cunha das entidades colaboradoras de MicroBank.
  • Presentar a documentación necesaria na oficina.

Prazo

Aberto de forma continuada.

Contacto

PUNTO AUTOEMPREGO INCORPORA. Fundación Érguete.

Persoa responsable: Marta Alonso Lorenzo

Máis información

Para máis información, podes consultar a páxina web da Obra social “La Caixa”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *