Persoas beneficiarias
Poderanse acoller ás subvencións as seguintes entidades da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego sempre que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:
- No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa Asemblea Xeral.
- Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data da solicitude, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Accións subvencionables
- Equipamento informático (En ningún caso se consideran subvencionables os teléfonos móbiles e smartphones nin os recibos mensuais relativos a calquera servizo de conexión á internet).
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do centro de traballo
- Mobiliario.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Plan de protección de datos.
- Elementos de transporte.
- Actividades formativas para persoas socias da entidade solicitante que estean dadas de alta no réxime RETA.
Obrigas das persoas beneficiarias
Entre as obrigas expostas nesta orde, destacamos:
- Manter durante un período de 2 anos, desde a data da resolución de concesión, unha forma xurídica de entre as elixibles para resultaren beneficiaria da subvención concedida, así como a actividade empresarial.
- Incorporar un rótulo visible ao público de tamaño mínimo A3 incluíndo o nome da entidade, o logotipo da Xunta de Galicia, o do SEPE e o do Ministerio de Traballo e Economía Social. No caso de adquisición de elementos de transporte afectos á actividade incorporarase a estes un rótulo cos mesmos requisitos indicados e cun tamaño proporcional ao do vehículo subvencionado. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o a axuda financeira recibida do SEPE.
Contía
A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
- 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos seguintes conceptos:
- Marketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Plan de protección de datos.
- 600 € para cada actividade formativa das incluídas no apartado anterior, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.
O límite máximo das axudas será de 30.000 € por cada entidade solicitante e serán outorgadas segundo a orde na que cheguen as solicitudes ata o seu esgotamento.
Os pagamentos serán anticipados, adiantando o 90% do importe da subvención concedida
Prazo
Desde o 25 de xaneiro ata o 25 de marzo de 2024
Máis información
Código de procedemento: TR802L
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.