PROGRAMA PEME CIBERSEGURA 2024

Se es autónomo ou tes unha peme na demarcación da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, xa podes soliticar as axudas as do programa PEME CIBERSEGURA 2024 para a implantación de solucións de cibersegurade na túa empresa.

A finalidade desta convocatoria é impulsar o uso seguro e fiable do ciberespazo, así como capacitar ás pemes a previr os principais riscos en ciberseguridade para garantir que os Sistemas de Información e Telecomunicación que utilizan posúan un adecuado nivel de Peme Cibersegura, ao mesmo tempo que se protexen os dereitos e as liberdades dos cidadáns. 

O programa inclúe as seguintes accións de apoio directo:

  • Diagnóstico asistido en Peme Cybersegura:  busca unha mellora da protección mediante o estude da súa dependencia das TIC, riscos cibernéticos aos que se expón, cultura de seguridade da información e protocolos de actuación.
  • Axudas económicas: para a implantación de solucións e melloras detectadas que se concretan no Plan Personalizado de Implantación, o prazo máximo para o desenvolvemento da fase de axudas é de 6 meses.

BENEFICIARIOS

Pemes da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, que se encontran dadas de alta no Censo do IAE.

Requisitos:

  • Alta no Censo do IAE antes do 1 de Xaneiro de 2022.
  • Facturación mínima anual de 100.000€ no último exercicio pechado.
  • Ter o domicilio social e/ou centro de centro produtivo nalgún dos municipios da demarcación da  Cámara de Comercio, Industria, Servizo e Navegación de Pontevedra, Vigo e VIlagarcía de Arousa.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
  • Cumprir as normas de mínimis.
  • Poderán optar directamente a Fase II (implantación de solucións) aquelas Pemes que xustificaran documentalmente a súa participación previa na Fase I da convocatoria do programa de Ciberseguridade da anualidade 2023 ou acrediten que participaron nunha anualidade anterior nun programa similar de Asesoramento na mesma materia de organismos de Promoción das Comunidades Autónomas, organismos públicos nacionais, rexionais ou locais ou de Cámaras de Comercio.

Exclusións:

Están excluídas desta convocatoria:

  • Comunidades de bens, sociedades civís, unións temporais de empresas (UTE), asociacións, fundacións e en xeral entidades sen ánimo de lucro.
  • Persoas en situación de autoemprego con consideración de autónomos societarios ou colaboradores.
  • Empresas que operen na produción primaria que figuren no Tratado de funcionamento da Unión Europea, así coma na produción primaria de produtos da pesca e acuicultura.
  • Non poderán financiarse na Fase de Implantación de Axudas, aquelas solucións tecnolóxicas que foran financiados no programa Kit Dixital en calquera das súas convocatorias.
  • Non poderán participar na Fase I de Diagnóstico as empresas que realizaran o dito diagnóstico na convocatoria do programa Ciberseguridade da anualidade 2023.
  • Non poderán ser beneficiarias da Fase II de Axudas as empresas que resultaran beneficiarias na convocatoria 2023.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Gastos asociados a execución do Plan de Implantación por parte dos provedores libremente seleccionados pola empresa beneficiaria, sen que exista vinculación entre elas.

Para que as implantacións sexan subvencionables deberán selo tamén os gastos aos que se apliquen os fondos que deberán iniciarse e estar finalizados e pagados

Todos os gastos deberán iniciarse e estar finalizados e pagados , respectando as datas marcadas no convenio DECA e firmado coa Cámara de Comercio

O beneficiario deberá solicitar como mínimo 3 ofertas de diferentes provedores salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades.

Adicionalmente, financiaranse os custos indirectos das empresas a tipo fixo aplicando o 7% dos custos directos subvencionables asociados ao plan de Implantación.

CONTÍA

A contía máxima de axuda por empresa será de 2.568 €  sobre un presuposto máximo elixible de 4.280€, que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciada por FEDER ao 60%.

PRAZO

Dende o 3 de abril ata as 14:00h do 30 de xuño de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

Para acceder a máis información sobre estes Programas de Axudas consulta a seguinte LIGAZÓN.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *