Esta convocatoria da Consellería de Cultura, ten como obxectivo a divulgación, información e promoción da cultura e o talento artístico galegos así como apoiar ás artes plásticas e visuais, fomentando a participación en feiras de arte e eventos de carácter internacional que teñan lugar entre decembro de 2023 e novembro de 2024 .
BENEFICIARIOS
Persoas físicas ou xurídicas que sexan Titulares de galerías de arte e desenvolvan as súas actividades en Galicia, que cumpran ademais cos seguintes requisitos:
- Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra de Galicia entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024.
- Estar dado de alta no IAE na actividade para a que solicitan a subvención.
- Que as persoas asistentes á feira ou mercado se inscriban como profesionais.
- Acreditar a relación dos asistentes coa empresa.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Todos aqueles xerados directamente pola asistencia á feira, festival ou mercado cultural, incluídos:
- Gastos de desprazamento, transporte, aloxamento e manutención.
- Gastos dos dereitos ou cotas de asistencia e alugamento de espazos de exhibición.
Subvencionarase un máximo de dúas persoas asistentes por beneficiario.
*Non se subvencionarán os honorarios e outros similares nin os correspondentes á elaboración de materiais de promoción.
CONTÍA DAS AXUDAS
- Feiras en España (fóra de Galicia): como máximo 4.000 €
- Feiras internacionais: como máximo 8.000 €
O importe da axuda en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou privadas, os custes da acción subvencioada.
Estas axudas están suxeitas ao réxime de minimis .
PRAZO DE SOLICITUDE
Ata o 20 de maio de 2024.
Estas axudas concederase, tendo en conta a data de presentación de solicitudes, sempre que se cumpran os requisitos para ser beneficiario e ata o esgotamento de crédito.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: CT215C
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axudana tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.