Categoría Axudas e subvencións

AXUDAS AOS SECTORES ECONÓMICOS DO MUNICIPIO DE PAZOS DE BORBÉN AFECTADOS POLA COVID-19

O obxecto da presente convocatoria é paliar a grave situación social e económica á que se enfrontan as pequenas empresas, con ata 10 persoas empregadas, e traballadores autónomos con domicilio social e fiscal en Pazos de Borbén e que resultaron afectados, na súa actividade, polas restricións do estado de alarma e as recollidas nas distintas ordes, consecuencia da evolución da COVID-19, dende marzo de 2020
Continuar leyendoAXUDAS AOS SECTORES ECONÓMICOS DO MUNICIPIO DE PAZOS DE BORBÉN AFECTADOS POLA COVID-19

PROGRAMA APROL ECONOMÍA SOCIAL 2022

O Obxectivo destas axudas é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas para fomentar a creación de emprego en cooperativas e sociedades laborais dende dúas perspectivas: a da entidade que incorpora (procedemento TR802G) e a da persoa que accede (procedemento  TR802J).
Continuar leyendoPROGRAMA APROL ECONOMÍA SOCIAL 2022

PROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE

Proxecto co obxectivo de subvencionar a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación de actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Continuar leyendoPROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE

BONO KIT DIXITAL DIRIXIDO A PEMES E AUTÓNOMOS

O Goberno, por medio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, lanza o programa Kit Dixital, enmarcado non Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, financiado pola Unión Europea – Next Generation. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AXENTES DIXITALIZADORES
Continuar leyendoBONO KIT DIXITAL DIRIXIDO A PEMES E AUTÓNOMOS

BONO PERSOAS AUTÓNOMAS

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR341Q), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.
Continuar leyendoBONO PERSOAS AUTÓNOMAS