SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS E SE CONVOCAN PARA O ANO 2023

Se tes unha produtora audiovisual independente e te dedicas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, estas axudas interésanche!!

A  Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega para o ano 2023.

Entenderase por desenvolvemento audiovisual o conxunto de accións e tarefas relacionadas coa fase previa á produción, dentro do período subvencionable, de proxectos de longametraxes e series de ficción, animación ou documental. 

Persoas beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta no epígrafe IAE 961.1, que teñan cando menos un ano de antigüidade e un ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación da presente convocatoria.
Deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.

Proxectos subvencionables e categorías de proxectos

Aqueles proxectos audiovisuais sobre os que realizar traballos previos ao momento da produción da obra, entendendo como tales os relacionados servizos de vídeo baixo demanda de ámbito nacional e internacional, debendo poderse encadrar nalgunha das categorías seguintes:

  1. Proxectos de longametraxe cinematográfica previstos para ter unha duración mínima de 60 minutos, de ficción, animación ou documental de carácter creativo. 
  2. Proxectos de series de ficción previstos para ter unha duración total mínima de 150 minutos.
  3. Proxectos de series de animación previstos para ter unha duración total mínima de 100 minutos.
  4.  Proxectos de series documentais previstos para ter unha duración total mínima de 100 minutos.
Contía das axudas 
  1. A intensidade da axuda é do 100 % do gasto subvencionable.
  2. As cantidades máximas que se poderán conceder segundo o tipo de proxecto son as seguintes:
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 11 de setembro de 2023.

Máis información

Este resumo inclúe as modificacións publicadas do DOG do 1 de setembro en relación a resolución das Bases da convocatoria do 20 de Xullo.

Estas axudas son incompatibles con outras liñas de subvencións da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que se publiquen no mesmo ano da presente convocatoria. En todo caso, son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o mesmo obxecto.

Consulta a RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023.

Consulta a modificación da  RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023 pola que se modifica a Resolución do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *