A finalidade desta orde é apoiar o sector galego da creación literaria, establecendo as bases das subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 15 de decembro de 2023, dirixidas a profesionais da creación literaria galegos.
As estadías terán como finalidade que as persoas creadoras realicen a tradución das súas obras, que a súa estadía sexa necesaria para o proceso de investigación previo á creación da obra obxecto da residencia ou que precisen dun espazo e ambiente de traballo que lle permita continuar co desenvolvemento dun proxecto xa iniciado.
O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Obxectivos específicos
- Difundir e potenciar o desenvolvemento do sector cultural galego, visibilizando a riqueza e a calidade dos profesionais da creación literaria galegos.
- Facilitarlle espazos adecuados de traballo en institucións para apoiar o desenvolvemento dos seus proxectos, a formación ou o acceso a novos coñecementos.
- Impulsar as relacións entre institucións e profesionais do sector.
- Ampliar a novos territorios e públicos a actividade cultural galega establecendo pontes con outros profesionais e institucións de fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias
Persoas físicas, sexan autónomas ou non, que interveñan no proceso de creación do libro nas correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro, que acrediten esta condición e que desenvolvan o seu traballo no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
Contía das subvencións
O importe final adxudicado a cada persoa beneficiaria sexa o 80 % do orzamento solicitado, ata esgotar o orzamento da convocatoria. O importe máximo por estadía será de 5.000 €, non admitíndose máis de 1 proxecto por beneficiario.
Gastos subvencionables
- Gastos de viaxe (gastos asociados ao desprazamento (ida e volta) da persoa participante ao lugar de realización da residencia). O importe concedido non poderá superar os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:
- España: ata 500 €/persoa.
- Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 900 €/persoa.
- Resto do mundo: ata 1.600 €/persoa
- Gastos de transportes internos (uso de medios de transporte para desprazamentos na localidade ou localidades de realización da residencia apoiada, incluíndo traslados desde e cara ao aeroporto ou estación de chegada ou partida; ou gastos para o desprazamento entre localidades se a participación da persoa creadora ten lugar en distintas localizacións; ou gastos xerados polo traslado cara a ou desde a localidade de realización da residencia cando o traxecto cuberto polo billete principal, incluído dentro dos gastos de viaxe, non cubra a totalidade do percorrido.)
- Gastos de aloxamento e manutención. O importe subvencionado por gastos de aloxamento non superará os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:
- España: ata 100 €/persoa e día
- Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 150 €/persoa e día
- Resto do mundo: ata 120 €/persoa e día. O importe subvencionado por gastos de manutención non superará os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:
- España: ata 40 €/persoa e día
- Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 60 €/persoa e día.
- Resto do mundo: ata 50 €/persoa e día.
- Gastos de subscrición dunha póliza de seguro de viaxe.
- Gastos de subscrición dunha póliza de seguro médico.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 28 de xullo ata 31 de outubro de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.