SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR

Queres que o teu comercio sexa respectuoso co medio ambiente e circular? Con este programa de subvencións para a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado, estarás máis cerca de conseguilo!
Obxecto

Concesión de subvencións para a execución de actuacións de comercio sustentable e circular.

Para a concesión destas subvencións destinarase o seguinte crédito:

  • Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:  1.015.000,00 €
  • Asociacións de comerciantes: 485.000,00 € 
Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións:

  1. Comerciantes retallistas: as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
    • Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Que teñan a condición de peme , incluídas as persoas en situación de autoemprego. Para a consideración de pequena e mediana empresa establecerase que:
    • Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal. 
  1. Obradoiros artesáns: que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  2. Asociacións de comerciantes: de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.  Deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais.
Actuacións subvencionables

Adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cento naturalmente biodegradables ou ecolóxicos. Acreditar a sustentabilidade dos materiais utilizados mediante certificación, norma ISO ou equivalente que garanta que os produtos foron elaborados con prácticas sustentables e responsables.

Consideraranse subvencionables: 

  1. Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
    • Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.
    • Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.
    • Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais. 
    • Film de material biodegradable.
    • Etiquetas.
    • Pegamento e cinta adhesiva.
    • Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
  2. Asociacións de comerciantes:
    • Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado. 

Non se considerarán gastos subvencionables:

  • Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
  • As bolsas comerciais e demais elementos de plástico.
  • As actuacións desenvolvidas en establecementos de hostalaría.
  • As actuacións que inclúan publicidade, imaxes ou calquera outro contido sexista ou discriminatorio, ou que non respecten a normativa vixente sobre o uso correcto do idioma.
Investimentos máximos subvencionables

Investimentos máximos subvencionables:

  •  Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
  • Asociacións de comerciantes:

O investimento mínimo que cómpre realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 1.000,00 €.

Intensidade da axuda:

Porcentaxes da subvención sobre os investimentos máximos subvencionables.

  • Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
  • Asociacións de comerciantes: 90 %.
Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de outubro de 2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

En réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *