Categoría Axudas e subvencións

AXUDAS DESTINADAS A NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS DE EMPRESAS INNOVADORAS (Programa NEOTEC)

As axudas financiarán a posta en marcha de novos proxectos empresariais, que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía. Así mesmo, prímase a incorporación de persoas con grao de doutor á empresa para reforzar as súas capacidades de absorción e xeración de coñecemento.
Continuar leyendoAXUDAS DESTINADAS A NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS DE EMPRESAS INNOVADORAS (Programa NEOTEC)

AXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN

Estas axudas terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación
Continuar leyendoAXUDAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN

PROGRAMA DE ACELERACIÓN DO SECTOR DOS VIDEOXOGOS

As bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a selección de empresas e proxectos por parte da Agadic para a súa participación no desenvolvemento e execución do Polo de aceleración do sector de videoxogos, coa finalidade de incentivar e estimular a profesionalización empresarial do sector de videoxogos e contidos interactivos.
Continuar leyendoPROGRAMA DE ACELERACIÓN DO SECTOR DOS VIDEOXOGOS

DESEÑA PEME

O obxectivo destas axudas é incorporar o deseño estratéxico nas pemes beneficiarias, é dicir, os seus procesos e o pensamento creativo propio do deseño, na xestión do negocio. Sendo unha ferramenta para facilitar o obxectivo de mellorar a posición das empresas, e fomentar a adopción do deseño no marco empresarial como un valor estratéxico.
Continuar leyendoDESEÑA PEME