Bótalle unha ollada ás últimas convocatorias dos programas de axudas a Pemes e autónomos da Cámara de Comercio 2023. Dende Emprendenarede, facémosche un resumo:
Queres darlle unha volta ao teu comercio? Con este programa podes incorporar as novas tecnoloxías para modernizar e diferenciar o teu negocio e ofrecer propostas interesantes aos teus clientes.
Xa podes solicitar a axuda do programa impacto autónomo. Este programa está dirixido a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.
Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), abre o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa V Edición.
A Xunta de Galicia incentivará cunha axuda de 6.000 € a contratación por conta allea de persoas mozas que participasen en Programas de emprego xuvenil nas convocatorias dos anos 2020 e 2021 (Obradoiros de Emprego para a mocidade).
Convócanse as axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III (empresas entre 0 e menos de 3 empregados) por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. No Segmento III o prazo de presentación de solicitudes comenza o 20 de octubre de 2022 ás 11 horas.