AXUDAS AO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA 2023

Se tes unha empresa en Vigo, bótalle un ollo a esta convocatoria de axudas dirixidas a entidades e persoas físicas radicadas na área de influencia do Parque das Illas Atlánticas interésanche.

Convocatoria das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia 2023 (Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa). As axudas previstas nesta orde outorgaranse por concorrencia competitiva.

Beneficiarios 

1. Entidades empresariais.

a) As entidades empresariais que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas, cuxa sede social estea radicada na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e cuxa actividade principal se desenvolva nesta área, incluídas as empresas de inserción laboral (EIL) e de centros especiais de emprego.

b) As persoas empresarias que teñan a condición de autónomas ou as comunidades de bens nos seguintes supostos:

– Cando a súa residencia e actividade se localicen na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional.

– Cando residan na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional e pretendan implantar a súa actividade nela.

– Cando non residan na dita área de influencia socioeconómica pero veñan realizando no interior do Parque Nacional actividades produtivas de carácter artesanal ligadas ao sector primario, sempre que tales actividades fosen especificamente reguladas nos instrumentos de planificación.

2. Persoas físicas: as persoas físicas residentes e empadroadas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional, ou titulares dunha concesión, e que estean ao día nas súas obrigas derivadas da súa concesión, e as persoas propietarias dunha vivenda dentro do Parque Nacional.

3. Institucións sen fins de lucro: as fundacións e asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e cuxa sede social ou a dalgunha das súas seccións ou delegacións estea na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional, sempre e cando entre os seus fins estatutarios figure expresamente a realización de actuacións en materia de conservación ou uso sustentable dos recursos naturais, de protección do patrimonio histórico-artístico ou de promoción da cultura tradicional, incluídos centros especiais de emprego.

4. As entidades de dereito público constituídas ao abeiro dalgunha lexislación sectorial en materia de recursos naturais renovables e cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento ordenado destes recursos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional.

Actividades subvencionables

1. Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional referidos a:

a) Iniciativas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural, sempre que presenten un manifesto valor ecolóxico. Do tipo: actuación de conservación de hábitats terrestres e mariños e de especies, restauración de ecosistemas degradados, de conservación da biodiversidade, así como actuacións de eliminación e control de especies exóticas invasoras.

b) Iniciativas orientadas á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais que xustificaron a creación do Parque Nacional, incluído o impacto visual sobre a percepción estética deste ocasionado por infraestruturas preexistentes. Serán do tipo de: soterramento de alxibes, mellora de fosas sépticas, puntos limpos e outras semellantes.

c) Iniciativas dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e cos obxectivos dos parques nacionais.

d) Iniciativas destinadas á conservación ou á restauración do patrimonio arquitectónico, sempre que presenten un manifesto valor histórico-artístico ou cultural a escala local ou que sirvan para a difusión, a información a visitantes, ao uso público e mesmo actividades de xestión do medio natural:recuperación de hórreos, fornos comunais e outras semellantes.

e) Iniciativas destinadas á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co Parque Nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais: empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo-educativo, promoción de actividades en inverno e outras semellantes.

f) Iniciativas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, así como actuacións para acadar as condicións esixidas para a concesión da cédula de habitabilidade, dos edificios que se atopan en terreos do interior do perímetro do Parque Nacional e cumpran algunha das seguintes condicións: teñan unha antigüidade de máis de 50 anos, o seu uso estea directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario, sexan utilizados polas persoas propietarias ou titulares dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010 que regula o procedemento para outorgamento das concesións da illa de Ons, e que estean ao día nas obrigas derivadas da súa concesión. Do tipo de adaptación de cubertas, arranxo de fachadas e aseos.

g) Iniciativas orientadas á divulgación e formación entre a poboación local dos valores e importancia do Parque Nacional e da conservación dos ditos valores, naturais e culturais, que xustificaron a súa declaración.

h) Iniciativas orientadas á posta en valor ou á recuperación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural.

Intensidade Da Axuda

O  100 % do investimento subvencionable, ata un importe máximo de 8.000 €.

Prazo 

O prazo de presentación das axudas estará aberto ata o 9 de Xuño.

Máis información

Consulta a  ORDE do 26 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para o ano 2023 

Acceder ao procedemento de tramitación:

  •  Código de procedemento MT821A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *