Obxecto da subvención
Mellora da competitividade do pequeno comercio retallista de Redondela, co fin de fortalecer e consolidar o tecido empresarial do comercio a través da modernización, accesibilidade universal e mellora da eficiencia enerxética dos seus establecementos comerciais, a fin de impulsar o equilibrio territorial dos comercios.
Beneficiarias
a) Que teñan actividade empresarial.
b) Que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa traballadora autónoma, unha microempresa ou pequena empresa e empresas de economía social.
c) Que a actividade empresarial se exerza nun local comercial, específico e neste termo municipal.
d) Que o suxeito solicitante estea exento do Imposto de Actividades Económicas no exercicio fiscal de 2023.
e) Dado de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional no momento da presentación da solicitude.
f) A persoa solicitante deberá achegar declaración responsable de que ten ou non percibida ou solicitada outra axuda de natureza análoga polo mesmo concepto doutras administracións ou entidades de iniciativa social.
Gastos subvencionables
- Adecuación Local Comercial
- Obras de reforma e eliminación de barreiras arquitectónicas de acceso ao mesmo (obras da sala de vendas e baños). Excluídas as obras en: oficinas, almacéns, realizadas no domicilio habitual.
- Adquisición de equipamento informático: tabletas ou similares, ordenadores persoais de sobremesa, ordenadores portátiles, equipamentos de rede, escáneres e similares.
O límite máximo será de 1.000 euros.
- Eficiencia Enerxética
- Implementación de medidas de eficiencia enerxética: compra de produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético, (cambio de sistemas de iluminación a cambios de maquinaria ou instalacións).
- Os gastos de elaboración de plans de aforro enerxético.
O límite máximo será de 1.000 euros
- Gastos en Publicidade
- Gastos para a promoción e publicidade: rótulos (carteis físicos identificativos dos negocios e da súa localización), imaxe corporativa (creación de símbolo formado por imaxes ou letras/caracteres que serven para identificar un negocio e todo o relacionado con el) e web ( os gastos de creación e desenvolvemento das páxinas web que a empresa adquira), apps e redes sociais.
Exclúese o gasto pola adquisición de merchandising.
O límite máximo será de 1.000 euros.
Este gasto terá que ter, como mínimo, unha versión en galego sen detrimento doutras linguas.
Os gastos subvencionables corresponderanse a aqueles efectivamente realizados con posterioridade á publicación destas bases e ata a finalización do prazo de presentación da xustificación.
Importe da subvención
O crédito global que se dispón para o outorgamento das subvencións será de 25.000 euros.
Establecéndose como importe máximo de subvención a conceder 3000 euros.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación a través da sede electrónica do Concello de Redondela ou a documentación adxunta no Anexo I
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.