PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (IEBT)

Se tes un proxecto empresarial innovador que foi cualificado como IEBT, xa podes solicitar as axudas deste programa para a creación directa de emprego estable, para o inicio e posta en marcha da actividade, para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras e/ou para o apoio a función xerencial do teu negocio. Bótalle un ollo ao noso resumo!!

Beneficiarios

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano dende que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Para poder acceder ás distintas modalidades de axudas desta orden se deberá crear emprego estable para persoas desempregadas.

Tipos de axudas

Subvención á creación directa de emprego estable

  1. 6.000 € por cada un dos postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, creados nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de transcorrer un ano dende a data de inicio da actividade e que sexan ocupados por persoas desempregadas.
  2. A contía base de incentivo será de 8.000€ por cada posto de traballo estable de carácter indefinido creado, cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
    • a) Mulleres.
    • b) Persoas mozas.
    • c) Persoas de 55 ou máis anos.
    • d) Persoas desempregadas de longa duración.
    • e) Persoas con discapacidade.
    • f) Persoas emigrantes retornadas ou persoas estranxeiras.
    • g) Persoas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
  1. Cando se trate de persoas tituladas universitarias desempregadas, a contía base por posto de traballo será de 10.000€
  2. A contía base será de 12.000€ se son persoas desempregadas que posúan o título de doutor ou doutora.
  3. As contías base poderanse incrementar nos porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:
    • a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller, a excepción que opten polo colectivo de muller sinalado no epígrafe 2.a).
    • b) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer de este) estea situado nun concello rural.
    • c) Un 25 % no suposto de persoas maiores de 45 anos, salvo que opten polo colectivo de persoas maiores de 55 anos sinalado no epígrafe 2.c).
    • d) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada ou persoa estranxeira, salvo que opten polo colectivo específico sinalado no epígrafe 2.f).
    • e) Un 25 % se a persoa incorporada é trans.

No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicaranse os indicados na solicitude.

  1. No caso de que la IEBT estea constituída baixo a forma xurídica de cooperativa ou sociedade laboral, a axuda incrementarase nun 25%.
  2. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida.
  3. É requisito para poder ser beneficiaria desta subvención que o cadro de persoal, no mes en que se proceda á primeira contratación por conta allea estea constituído, como mínimo, nun 25 % por persoas con titulación universitaria.
  4. Nos postos de traballo creados e polos que se solicite subvención, deberá existir correspondencia entre a categoría da titulación académica que posúa a persoa contratada e a categoría profesional pola que se contrata.
  5. Cando a contratación inicial se realice a tempo parcial e se transforme a tempo completo, a empresa poderá solicitar a diferenza entre a contía que se percibiu inicialmente e a que corresponde por dedicación a tempo completo, sempre que a modificación se produza dentro do primeiro ano de actividade e durante o período subvencionable.
  6. Serán subvencionables os postos de traballo estables creados entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023 dentro do primeiro ano de actividade da empresa, sempre que permaneza vixente a contratación no momento da solicitude.

Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade

  1. Esta modalidade de axuda financiará parcialmente os gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade, de acordo coa seguinte escala:
    • 1 posto de traballo creado: ata 10.000€.
    • 2 postos de traballo creados: ata 18.000€.
    • A partir de 3 postos de traballo creados: ata 24.000€.
  1. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos realizados entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023 que se produzan antes de que transcorra un ano desde o inicio da súa actividade, e sexan efeºctivamente xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou ata o 30 de novembro de 2023. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistro, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
  1. No caso de que a IEBT estea constituída baixo a forma xurídica de cooperativa ou sociedade laboral, a axuda resultante nesta modalidade incrementarase nun 25 %.

Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

  1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría ou das persoas coidadoras, ata un máximo de 3.000€, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de 12 anos.
  2. Co mesmo obxecto de favorecer a conciliación da vida familiar das persoas promotoras concederase unha subvención do 75 %, ata un máximo de 3.000€, do custo do centro ou dos servizos de coidado de persoas maiores de 70 anos e/ou dependentes (graos I, II e III) ou con un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre que respecto das cales acredite a súa relación de parentesco e a acreditación da convivencia no mesmo domicilio, como mínimo durante os tres meses anteriores á data da solicitude.
  3. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polos que se obtivese a subvención, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales as dúas persoas cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
  4. Serán subvencionables os gastos da gardaría e/ou das persoas coidadoras ou dos custos dos servizos en centros especializados, realizados entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023 que se produzan antes de que transcorra un ano desde o inicio da actividade.
  5. As axudas por gardaría e por coidado das persoas maiores ou dependentes e persoas con discapacidade son compatibles entre si.

Apoio á función xerencial.

  1. Para axudar a persoa promotora ou empresarios e empresarias na toma de decisións necesarias para o bo funcionamento da empresa poderase financiar o apoio á función xerencial. Este apoio poderá consistir nas seguintes modalidades:
    • Axuda para a formación da persoa promotora ou empresaria co fin de obter ou mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial.
    • Axuda pola realización externa de análises, estudos, informes, ou outras formas de asesoramento sobre a actividade que realiza a IEBT, para que a persoa promotora ou empresaria poida dispoñer de mellor información sobre os bens ou servizos obxecto de produción.
  1. Poderá ser obxecto desta modalidade de axuda o gasto orixinado, entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, e realizado no primeiro ano de actividade empresarial. Este gasto deberá ser efectivamente xustificado mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 30 de novembro de 2023.
  2. Non serán subvencionables, en ningunha das modalidades sinaladas no punto 1 deste artigo, as medidas de apoio prestadas polas persoas socias ou polas empresas das persoas socias da entidade solicitante da subvención.
  3. A contía do incentivo para o apoio á función xerencial, será do 75 % do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 5.000€ para a axuda á formación prevista na alínea a), e cun límite de 10.000€ polo conxunto das modalidades de apoio á función xerencial previstos neste artigo.
  4. No caso de que a IEBT estea constituída baixo a forma xurídica de cooperativa ou sociedade laboral, a axuda resultante nesta modalidade incrementarase nun 25 %.

Prazo

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 29 de setembro de 2023.

Máis información e acceso ao procedemento de solicitude

Consultar a ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *