Estas subvencións están dirixidas a persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras coa finalidade de apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Esta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, sendo criterios de valoración o interese cultural da obra, a traxectoria profesional do tradutor, a extensión da traducción, entre outros.
Beneficiarias
Persoas físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023 no epígrafe 476.1 de edición de libros, do imposto de actividades económicas.
Quedan excluídos os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas.
En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras en que conste o mesmo tradutor.
Condicións
- Considéranse custos subvencionables os honorarios profesionais da persoa que realice a tradución.
- A tradución da obra para a que se solicita a subvención deberase publicar despois da data de publicación desta convocatoria.
- Só se subvencionará a tradución dun mesmo título. No suposto de que haxa varias solicitudes para a mesma obra, subvencionarase a solicitude que obteña máis puntos de acordo co artigo 13 e, en caso de empate, a presentada en primeiro lugar.
- Cada empresa editorial poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 obras.
- Só serán obxecto de subvención as obras das que se trate dunha primeira tradución ou cando pasasen máis de 20 anos desde a última tradución.
Contía da axuda
O importe máximo de subvención por obra será de 6.000 €.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 24 de xullo de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.