AXUDAS AO EMPRENDEMENTO 2023

Se es autónomo ou tes unha pequena empresa que iniciou a súa actividade empresarial en 2021, 2022 ou 2023 e realizaches investimentos por importe non inferior aos 5.000 euros durante este ano ou con posterioridade ao 5 de novembro de 2022 , xa podes solicitar as subvencións ao EMPRENDEMENTO 2023.

A Xunta de Galicia convoca subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica a partir do 1 de xaneiro de 2021 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2023.

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, manter o emprego de calidade, a traves apoios ao investimento realizado e pagado entre o 5 de novembro de 2022 e a data de presentación da solicitude.

Beneficiarias

Persoas traballadoras autónomas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e Centros Especiais de Emprego que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter domicilio fiscal en Galicia.
  • Estar constituídas/dadas de alta e iniciar a súa actividade económica no entre o 1 de xaneiro de 2021 ata a data de presentación da solicitude.
  • Ter presentado, segundo corresponda, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Cooperativas.
  • Non ter sido beneficiario das axudas XEMPRE EMPRENDEMENTO na convocatoria do ano 2022.

Gasto subvencionable 

Os investimentos xa realizados e pagados entre o 5 de novembro de 2022 e a data de solicitude, vinculados de xeito indubidable ao proxecto empresarial. En concreto: 

  1. Equipamento informático: ordenadores, tabletas, equipamentos de rede, servidores, escáneres e similares, sempre que se destinen exclusivamente á actividade económica. Non serán subvencionables os teléfonos móbiles.
  2. Activos intanxibles: programas e software informáticos, páxina web, patentes, licenzas e outros dereitos de propiedade intelectual.
  3. Investimentos en eficiencia enerxética: productos e instalacións que reduzan o consumo enerxético, substitución de sistemas de iluminación, cambio de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas.
  4. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario: maquinaria, bens de equipo ou ferramentas, equipos e medios de transporte interno, mobiliario, etc.
  5. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio: reparacións, decoracións ou ornatos (incluída a rotulación) que non modifiquen a estrutura construtiva do local
  6. Activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de 2º man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
    • Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora (*)
    • Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
    • Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares. Estes aspectos acreditaranse mediante certificación de taxador/a independente, ou dunha empresa subministradora de bens da mesma tipoloxía dos bens de segunda man obxecto de transacción.

Documentación a presentar

Xunto coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

  • Poder suficiente da peroa representante no caso de actuar mediante representación.
  • Facturas e o seu xustificante bancario de pagamento correspondente(**). As facturas presentadas terán un importe mínimo de 300€ (IVE excluido)
  • Censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración  Tributaria (modelo 036 ou 037).
  • Ter depositado no rexistro correspondente ou aprovadas pola Asamblea Xeral, as contas anuais do último exercicio.
  • Contrato ou documento de cración da comunidade de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica. 

Contía da axuda

O importe da axuda calcularase tendo en conta as seguintes porcentaxes de intensidade en función do investimento subvencionable realizado:

  • Para investimentos entre 5.000€ a 10.000€: 60% do investimento. 
  • Para investimentos entre 10.001€ a 30.000€: 50% do investimento. 
  • Para investimentos entre 30.001€ a 50.000€: 40% do investimento. 
  • Para investimentos entre 50.001€ a 100.000€: 30% do investimento.

En función do importe dos investimentos realizados, a axuda irá dende 3.000€ ata un máximo de 30.000€. 

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o esgotamento do crédito.

Só se presentará unha solicitude por persoa (de presentar máis dunha soliticute, só se terá en conta a última presentada, agás que a primeira xa estea resolta). 

Máis información e acceso ao procedemento de solicitud

Consultar a ORDE do 28 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

(*) Cando a persoa emprendedora sexa membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a e se faga cargo da pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiras persoas non relacionadas coa persoa compradora.
(**)Para investimentos superiores a 15.000€ ou obras superiores a 40.000€ aínda non realizados no momento da publicación da convocatoria, deberá presentarse coa solicitude tres ofertas (con data previa ao compromiso de presentación) de diferentes empresas non vinculadas coa persona solicitante.
A elección entre as ofertas atenderá a criterios de eficiencia e economía e deberase xustificar expresamente no anexo da solicitude cando non recaia na proposta económica máis ventaxosa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *