Categoría Axudas e subvencións

AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E PERSOAL DE APOIO

O obxecto é establecer as bases reguladoras das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas máis representativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, así como sufragar a contratación dunha persoa técnica para a realización de funcións de asesoría e apoio directo ás persoas autónomas para a mellora da súa competitividade.
Continuar leyendoAXUDAS PARA AUTÓNOMOS E PERSOAL DE APOIO

PLAN GALICIA EMPREGA

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos derivados dos efectos da COVID-19 sobre o mercado de traballo.
Continuar leyendoPLAN GALICIA EMPREGA

AXUDAS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

O obxecto destas bases reguladoras é establecer o réxime das axudas que xestiona a AGADER destinadas a adquirir maquinaria e equipamento co fin de mellorar e reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducíndo á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.
Continuar leyendoAXUDAS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

AXUDAS A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para o ano 2022 coa finalidade de promover a consolidación do emprego autónomo mediante incentivos para a contratación e á formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal en Galicia. (Procedemento TR349F)
Continuar leyendoAXUDAS A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS