Beneficiarios
- As PEMES e os autónomos que teñan domicilio fiscal en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas | 45 a 47 |
Sección H: transporte e almacenamento | 49 a 53 |
Sección I: Hostalería | 55 a 56 |
Sección J: informacións e comunicacións | 58 a 63 |
Sección K: actividades financieras e de seguros | 64 a 66 |
Sección L: actividades inmobiliarias | 68 |
Sección M: actividades profesionais | 69 a 75 |
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares | 77 a 82 |
Sección P: educación | 85 |
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais | 86 a 88 |
Sección R: actividades artísticas, creativas e de entretemento | 90 a 93 |
Sección S: outros servizos | 94 a 96 |
Liñas de axuda
- BONO ASESORAMENTO ENERXÉTICO, que inclúe:
- Diagnoses enerxéticas que inclúan inventario dos principais equipamentos consumidores do centro de traballo, análises de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía avaliando o custe e aforro económico derivado.
- Auditorías enerxéticas, que na parte de proposta de mellora debe analizar actuacións de eficiencia enerxética, de implantación de enerxías renovables, de mellora da contratación e facturación da enerxía e implantación de sistemas de telexestión e automatización que permitan reducir o consumo enerxético
- BONO ENVOLVENTE: elementos de control solar, serán subvencionables os toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores (en ningún caso se subvencionarán os elementos que incorporen publicidade).
- BONO ILUMINACIÓN: substitución de iluminación interior e/ou exterior (incluídos rótulos e escaparates) por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
- BONO INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade.
- BONO EQUIPAMENTO: renovación do equipamento consumidor de enerxía (electrodomésticos) e calquera equipamento de consumo enerxético cunha cualificación enerxética B ou superior.
- BONO CLIMATIZACIÓN: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Tamén serán subvencionables a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control.
- BONO INMÓTICA: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permiten xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente. No caso de sistemas de telemedida intelixentes, consideraranse subvencionables se incorporan algún tipo de actuador ou automatismo (se só miden e analizan non se consideran elixibles).
Gastos subvencionables
- Os custes de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes tipoloxías de “Bonos de mellora enerxética”
- A realización dos diagnósticos/auditorías e do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos, obra civil, soportes e proteccións tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.
Non serán subvencionables:
- Os gastos de legalización
- O IVE
- Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño
- As operación de mantemento
- As instalación de xeración eléctrica fotovoltaica
En ningún caso serán subvencionables as instalacións/equipamentos que xa fosen obxecto de axuda en anos anteriores.
Condicións
- O investimento mínimo por solicitude para que as actuacións sexan subvencionables é de 1.000 € (IVE excluído) ou 200 € no caso de que a solicitude recolla exclusivamente o “bono de asesoramento enerxético”
- Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada centro de traballo. Cada solicitude poderá recoller unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía. Excepcionalmente, permitirase a presentación de dúas solicitudes cando unha delas recolla exclusivamente o “bono asesoramento enerxético”
- O custe de adquisición dos gastos subvencionables non poderá ser superior ao valor do mercado
Contía
- A contía da subvención será do 80% do custe elixible da actuación.
- Con carácter xeral, a axuda máxima será de 6.000 € por solicitude (sen ter en conta a axuda asociada ao bono de asesoramento enerxético que non computará para este límite).
Estas axudas están sometidas a mínimis: O importe das axudas de “minimis” concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 € durante calquera período dos 3 exercicios fiscais e os 100.000 € para empresas de transporte de mercadorías por estrada por conta allea, os 40.000 € para empresas do sector da pesca e da acuicultura e os 20.000 € para o sector agrícola.
Prazo
Dende as 9.00 h. do 10 de xaneiro ata o 26 de xuño de 2024.
Compatibilidade
Estas subvencións son compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade (sempre que non supere o 100% do investimento subvencionable ou o límite máximo establecido na normativa de aplicación).
Máis información
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IN417Z
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.