Por unha banda, as axudas atenden a proxectos de edición en castelán e noutras linguas oficiais das Comunidades Autónomas de libros que, a pesares de ter unha relevancia cultural importante, teñen un alcance comercial reducido . Por outra, a convocatoria busca facilitar o acceso das obras publicadas para as persoas cegas, discapacitadas visualmente ou con outras dificultades para acceder ao texto impreso.
Beneficiarios
Persoas xurídicas e autónomos que teñan como actividade (única ou complementaria) a edición de libros e teñan a súa residencia fiscal en España.
Quedan excluídas as comunidades de bens, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas así como outras entidades sen personalidade xurídica
Criterios de valoración
Estas subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, tras unha seleccións dos proxectos mediante a puntuación dunha serie de criterios:
-Edicións simultáneas. -Xestión sostible da edición mediante sistemas que garantan a procedencia forestal ambiental responsable. -Proposta de edición de calquera das obras beneficiarias das axudas nas convocatorias de subvencións para a creación literaria correspondente aos anos 2022 ou 2023. | 5 puntos |
-A traxectoria do escritor/a, así como do tradutor/a ou locutor/a no caso dos audiolibros -Achega á disciplina da que se trate e a repercusión no seu campo. | 30 puntos |
-O interese cultural das publicacións, tendo en conta a contribución do proxecto editorial e a difusión do patrimonio cultural español, da súa achega ás conmemoracións culturais nos próximos anos, contribución á igualdade de xénero, calidade de tradución e coherencia da obra no catálogo editorial. | 55 puntos |
Gastos que se poderán subvencionar
- Aqueles que se correspondan inequivocamente coa actividade subvencionada e se realicen no prazo de 18 meses dende a publicación da resolución de concesión, incluídos os realizados antes da publicación da resolución de concesión e da presente convocatoria: deseño, maquetación, preimpresión, impresión, manipulado, administración, persoal, dereitos de autor, alugueiros, amortizacións do equipamento, gastos de distribución e comercialización, promoción, etc.
- Non serán subvencionables: os gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais, os gastos periciais e os gastos de garantía bancaria e o IVE.
- Gastos realizados e pagados polo beneficiario
Requisitos dos proxectos subvencionables
- O número máximo de proxectos a presentar será o equivalente ao 50% da produción editorial da empresa solicitante no 2023 (e nunca superior a cinco en total); non computarán as reimpresións nin as reedicións
- Ter planificada unha tirada mínima de 700 exemplares e unha máxima de 3.610 para libros en papel e formato simultáneo. Este requisito non será aplicable aos libros dixitais e en audiolibros, nin tampouco ás obras en lingua de signos e en sistema Braille.
- Ser a edición dunha obra inédita, dunha obra descatalogada ou ben dunha obra que date de máis de 15 anos de antigüidade na lingua que se propón publicar.
- Subvencionaranse proxectos editoriais que incorporen unha obra nova (estudo crítico, nova tradución, por exemplo) que teña relevancia cultural. Esta circunstancia deberá facerse constar na memoria.
- Computaranse de forma conxunta as solicitudes recibidas por empresas que conten cos mesmos socios ou cando sexan os mesmos que dispoñen dunha participación maioritaria nas empresas.
- A obra subvencionada non poderá ser editada por unha persoa distinta do beneficiario da axuda
- Os proxectos deben adecuarse a unha destas categorías:
- Obras de referencia e consulta
- Obras de pensamento en disciplinas humanísticas ou científicas
- Obras literarias dos distintos xéneros
- Obras ilustradas e cómics
- Obras para o público infantil e xuvenil
Exclusións de proxectos
- As obras editadas, coeditadas ou editadas por encargo de órganos do sector público
- As obras editadas e coeditadas por institucións sen fins de lucro
- As obras coeditadas entre varias empresas ou autónomos
- As obras editadas polos seus autores/as cando a editorial non edite máis títulos que os do propio autor/a e estes constitúan máis da metade do catálogo nos últimos 2 anos
- As obras que sexan editadas con apoio financeiro dun ou varios dos seus autores/as
- Os libros de texto, os manuais para a ensinanza, as obras en fascículos, os libros de bibliófilo e aqueles con edición limitada e numerada, os catálogos de exposicións e os libros non venais
- Os anuarios, publicacións periódicas e separatas o número monográficos destas
- Os volumes soltos que formen parte dunha obra completa no caso de que non se comercialicen por separado
- As obras con depósito legal de anos anteriores
- As obras que conteñan na súa páxina de créditos unha mención a unha segunda ou posterior reimpresión
- As obras presentadas por editoriais que haxan cumprido a obriga de respectar o prezo fixo nos últimos catro anos
- As obras cuxos contratos de cesión de dereitos de autor presenten cláusulas que contraveñan o disposto no Libro 1 do Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril
- Aqueles proxectos que consistan ou inclúan a tradución entre linguas oficiais distintas en castelán e entre a lingua castelán e as demais linguas oficiais das Comunidades Autónomas
Contía das axudas
A contía de cada subvención dependerá da puntuación acadada polo proxecto, cun máximo de 5.000 euros por proxecto, segundo a seguinte táboa:
PUNTUACIÓN DO PROXECTO (PTOS.) | CONTÍA MÁXIMA AXUDA(€) |
85-100 | 5.000 |
81-90 | 4.000 |
71-80 | 3.500 |
61-70 | 2.500 |
50-60 | 2.000 |
0-49 | 0 |
Pago das subvencións concedidas
As axudas faranse efectivas mediante pago anticipado, unha vez ditada a resolución de concesión.
Para poder recibir o pago das subvencións, será necesario que a empresa estea de alta no Tesouro Público (https://www.tesoro.es/gl/pagos-del-tesoro/alta-o-/-baja-cuentas).
Prazo de solicitude
Ata as 14.00 horas do día 5 de xaneiro de 2024
Máis información
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.