A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes aprobou o Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do “Bono deporte” para o ano 2024. O prazo ábrese novamente para aqueles comercios e entidades que desexen adherirse ao programa, debendo rexistrarse na web www.bonodeporte.gal entre o 3 de Febreiro e o 19 de Febreiro de 2024.
A finalidade deste programa é promover o deporte de base e a realización de actividade física dende idades temperás , a través da concesión de axudas económicas ás familias para os gastos derivados da práctica deportiva por parte dos rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.
Cada bono, que as familias poderán descargar a partir do 8 de xaneiro de 2024, terá un valor de 120 € por neno/a, que se poderá usar de acordo co seguinte criterio:
- Desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido.
- Poderase utilizar o bono máis dunha vez ata o seu esgotamento e durante o prazo de validez deste.
Que tipo de gastos poden subvencionarse a través do Bono Deporte
- Material e equipamento deportivo.
- Servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva (cota de clubes deportivos).
Quen pode adherirse (onde se poderán gastar os bonos)
- Establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos galegos que estean rexistrados na web www.bonodeporte.gal
Requisitos que deben cumprir os comercios e entidades adheridas
- No caso das entidades deportivas, estar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
- No caso dos establecementos comerciais, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e reúnan os requisitos para o exercicio da actividade.
- Que esten dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I da orde, os cales foron ampliados nesta modificación.
Obrigas dos establecementos adheridos ao programa
- Os comercios deberán anunciar no exterior do seu local a adhesión ao programa Bono deporte.
- Facer o desconto directo dos bonos nos tíckets ou facturas de compra emitidos.
- Informar por escrito na zona da caixa da política de devolución.
- Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia por parte da Secretaría Xeral para o Deporte.
- Conservar durante un ano todos os tíckets de compra xustificativos da aplicación dos bonos
- Custodiar con dilixencia as claves de acceso á plataforma.
Prazo
- Prazo para os establecementos que queiran adherirse a este programa: Dende o 3 de Febreiro ata o 19 de Febreiro de 2024.
- Prazo para a descarga dos bonos por parte das persoas usuarios: do 8 de xaneiro ata o 29 de febreiro de 2024.
- Programa Bono deporte estará vixente ata o 31 de decembro de 2024.
¿Cómo funcionan estes bonos?
- Os establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos recibirán cunha periocidade semanal a cantidade equivalente aos bonos trocados.
- Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán disponibles na APP Bono deporte.
- No momento da compravenda os establecementos terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda ou prestación do servizo e aparecerá automáticamente o importe que se vai cobrar co desconto aplicado.
- En caso de devolución, o importe da compra deberá ser trocado por outra compra de igual ou superior prezo ou ben por un bono con caducidade de tres meses polo importe correspondente.
Máis información
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: DE402D
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.