Se tes un aloxamento turístico ou unha axencia de viaxes e queres incentivar o turismo e as ventas durante este outono, adhírete ao programa #DescubreGaliciaenOutono
Se es autónomo ou estás no proceso de emprender ou ben tes unha pequena empresa e pertences ao sector musical, bótalle un ollo a este programa de AGADIC para a aceleración de proxectos musicais, co que poderás darlle un impulso ao teu proxecto e consolidar a túa carreira.
Se te dedicas a creación literaria nalgunha das súas facetas (escritura, tradución, deseño gráfico ou ilustración), desenvolves o teu traballo en Galicia e tes interese en participar nunha estadía en residencias literarias fóra de Galicia, esta convocatoria interésache.
Xa se pode solicitar os novos “bonos talento empresa”, destinados á realización de actividades formativas non formais e de curta duración por parte das empresas galegas dirixidas a mellorar as capacidades e o desenvolvemento profesional do seu persoal.
Nota: Ampliación do prazo ata o 3 de novembro de 2023 (incluído).
Se es unha persoa autónoma con menores ao teu cargo, de ata doce anos incluídos, e tes necesidades puntuais de conciliación durante os períodos das vacacións escolares, tamén podes solicitar as axudas do Bono Concilia Familia 2023 que a Xunta de Galicia acaba de publicar.