Se te dedicas a creación literaria nalgunha das súas facetas (escritura, tradución, deseño gráfico ou ilustración), desenvolves o teu traballo en Galicia e tes interese en participar nunha estadía en residencias literarias fóra de Galicia, esta convocatoria interésache.
Xa se pode solicitar os novos “bonos talento empresa”, destinados á realización de actividades formativas non formais e de curta duración por parte das empresas galegas dirixidas a mellorar as capacidades e o desenvolvemento profesional do seu persoal.
Nota: Ampliación do prazo ata o 3 de novembro de 2023 (incluído).
Se es unha persoa autónoma con menores ao teu cargo, de ata doce anos incluídos, e tes necesidades puntuais de conciliación durante os períodos das vacacións escolares, tamén podes solicitar as axudas do Bono Concilia Familia 2023 que a Xunta de Galicia acaba de publicar.
Se es autónomo ou tes unha pequena ou mediana empresa en Galicia que non teña máis de 42 meses de antigüidade, xa podes solicitar as axudas do novo Programa Emprendemento Plus 2023 para a realización de novos investimentos e para a contratación de traballadores.
Se es muller e tes pensado en emprender ou acabas de poñer en marcha un proxecto empresarial; ou ben tes unha empresa con más de tres anos de actividade, ten en conta que a Xunta de Galicia ven de publicar o programa EMEGA para fomentar o emprendemento feminino a través de catro liñas: liña emprende, liña activa, liña ITEF e liña concilia.
Concretamente, a LIÑA EMPRENDE outorga axudas económicas para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.