AXUDAS AO LIBRO GALEGO PARA ACTIVIDADES DE TRADUCIÓN 2024

Se tes unha empresa editorial xa podes solicitar as axudas para a tradución de libros en galego a outras linguas e a tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutros idiomas tanto en papel como en formato dixital, enmarcadas dentro do Plan de impulso ao libro galego.

Estas subvencións da Xunta de Galicia están dirixidas a persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras coa finalidade de apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Esta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, sendo criterios de valoración o interese cultural da obra, a traxectoria profesional do tradutor, a extensión da tradución, entre outros (ver criterios).

Entidades beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2024 no epígrafe 476.1 de edición de libros, do imposto de actividades económicas.

Quedan excluídos os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas.

En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras en que conste o mesmo tradutor.

Condicións

  • Considéranse custos subvencionables os honorarios profesionais da persoa que realice a tradución.
  • A tradución da obra para a que se solicita a subvención deberase publicar despois da data de publicación desta convocatoria.
  • Só se subvencionará a tradución dun mesmo título: se hai varias solicitudes para a mesma obra, subvencionarase a solicitude que obteña máis puntos de acordo co artigo 14 e, en caso de empate, a presentada en primeiro lugar.
  • Cada editorial poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 obras.
  • Só serán obxecto de subvención as obras das que se trate dunha primeira tradución ou cando pasasen máis de 20 anos desde a última tradución.

Contía da axuda

O importe máximo de subvención por obra será de 6.000 €.

Importante:

  • Adxudicarase unha axuda de, como máximo, ata o 90 % do custo da tradución a aquelas entidades que alcancen a máxima puntuación (100 ptos.) e ata o 60% para aquelas que alcancen a puntuación mínima (50 ptos.).
  • A cantidade final adxudicada será repartida proporcionalmente segundo as porcentaxes establecidas de acordo co punto anterior.
  • A contía correspondente á primeira anualidade é do 45% do total adxudicado como axuda e o 55% restante corresponderá á segunda anualidade.
  • Estas axudas están suxeitas ao réxime de mínimis.

Obriga de publicidade:

As persoas beneficiarias da subvención farán constar en toda a comunicación e publicidade xerada o seguinte texto: <<Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia>>,ademais de facer constar o logo oficial da Xunta de Galicia.

Prazo:

O prazo para a presentacion de solicitudes remata o 16 de febreiro de 2024.

Máis información:

ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outraslinguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamentenoutraslinguas, e se procede ásúa convocatoria para o ano 2024

  • Código de procedemento: CT221C

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *